From Wikipedia, the free encyclopedia
Escuchando Elefantes é un dúo galego de folk-rock e pop formado por Silvia Rábade e Carlos Tajes. Son coñecidos por compaxinar as súas xiras con actuacións espontáneas na rúa.[1][2][3] Publicaron varios álbums e sinxelos, con videoclips premiados internacionalmente.[4]
Escuchando Elefantes | |
---|---|
Actuación de Escuchando Elefantes na Coruña | |
Xénero(s) | folk-rock, pop |
Membros | Silvia Rábade Carlos Tajes |
Na rede | |
escuchandoelefantes.com |
Na súa carreira actuaron con músicos como Bono (U2), Glen Hansard, Sinéad O'Connor e Damien Rice entre outros.[5]
Silvia Rábade e Carlos Tajes comezaron na Coruña en 2006 a súa aprendizaxe musical xuntos e en pouco tempo comezaron a compoñer as súas primeiras cancións, dando o seu primeiro concerto co nome de Escuchando Elefantes.[6] En 2010, Glen Hansard e Markéta Irglová, gañadores dun Óscar polo filme Once atoparon o dúo mentres ofrecían un concerto no centro de Donostia e esa mesma noite convidáronos a compartir con eles escenario no Teatro Victoria Eugenia, onde interpretaron "The Rain" con The Frames, banda referencia para o grupo.[1]
En 2012 publicaron o seu primeiro disco, Show & Tell, de maneira totalmente independente. O álbum foi ben recibido pola crítica[7][8] e levou o grupo a realizar xiras por España, Francia, Irlanda, Reino Unido e Portugal. Durante este proceso actuaron tamén como abreconcertos para artistas como Glen Hansard, Paddy Casey, Declan O’Rourke ou Cathy Davey. Tamén participaron en festivais como o Noroeste Pop Rock,[9] ou o BBK Live ademais de actuar en salas como Vicar Street.
O seu segundo álbum, Happy Lonely People, foi gravado en 2014 e contou con colaboracións de músicos como Rob Bochnik e Paddy Casey.[10] Os videoclips foron candidatos a premios internacionais e gañaron o galardón a mellor videoclip nos Premios Mestre Mateo 2014.
En 2016 publicaron os dous primeiros avances do seu seguinte álbum[11][12][6] e anunciaron un novo formato, tocando ambos tanto guitarra como batería e dando un cambio máis eléctrico ao seu son.[13][14] En marzo de 2017 publicouse o novo álbum co nome de Hope, sendo presentado nunha xira por toda Galicia e España.[15][16]
En novembro de 2017 o grupo sufriu un grave accidente de tráfico en Francia cando se dirixían ao Reino Unido para unha pequena xira.[17] As lesións sufridas obrigaron ao dúo a cancelar esa xira e paralizaron a súa actividade durante máis dun ano.[18] Volveron aos escenarios en febreiro de 2019 cunha xira titulada We are fine, thank you (Estamos ben, grazas).[19]
En febreiro de 2021, case cinco anos despois do seu último disco, publicaron o seu cuarto álbum, o primeiro en castelán, titulado ¿Por qué siempre cantáis en inglés?.[20]
Dende 2012 a banda formou parte dun festival benéfico celebrado en Grafton Street (Dublín) organizado por Glen Hansard para reunir fondos para a Simon Community e outras asociacións sen ánimo de lucro.[21] Neste evento téñense reunido con músicos irlandeses como Bono, Sinéad O'Connor, Damien Rice, Hozier ou The Script entre outros.[22]
Ademais teñen participado noutos actos benéficos como o Festival da Luz ou a campaña Kiss Goodbye to MS, a prol da investigación da esclerose múltiple, e en actividades como as TedTalks.[23]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.