Enric Ferran Josep Lluís Sagnier i Villavecchia, marqués de Sagnier, nado en Barcelona o 21 de marzo de 1858, e finado ibídem o 1 de setembro de 1931,[1] foi un arquitecto catalán. A maioría das súas obras atópanse en Barcelona. Autor prolífico, foi posiblemente o arquitecto con maior número de construcións na cidade condal (preto de 300 edificios documentados).[2] Sagnier foi un arquitecto ben relacionado coas clases dirixentes barcelonesas, das cales recibiu varias encargas.

De estilo ecléctico cunha certa tendencia clasicista, estivo preto do modernismo de moda na época na capital catalá, pero interpretándoo dun xeito sobrio e funcional. A súa principal fonte de inspiración é a arquitectura medieval, sobre todo románica e gótica. En troques, non foi proclive a estilos exóticos daquela de moda, como o neomudéxar ou os estilos árabes e orientais.[3] Pódese distinguir a súa traxectoria en tres etapas: antes de 1900 traballa cun estilo ecléctico, monumental e grandilocuente; de 1900 a 1910 achégase máis ó modernismo, o que se percibe nun maior sentido decorativo da súa obra nestas datas, con especial influencia da arte rococó; e dende 1910 mantén un estilo clasicista de influencia francesa, afastado das modas do momento.[4]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.