Enerxía undimotriz
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A enerxía undimotriz é o transporte da enerxía producida polo movemento das ondas e a súa captación para aplicala en facer un traballo útil; por exemplo, para a xeración de electricidade, a desalinización, ou o bombeo de auga (en depósitos). É unha fonte de enerxía renovable menos coñecida e estendida cá maremotriz, pero cada vez aplícase máis.
As ondas son xeradas polo vento que pasa sobre o mar: sempre que as ondas se propagan máis lentas que a velocidade do vento situado xusto enriba delas, hai unha transferencia de enerxía dende o vento ata as ondas máis enerxéticas. Tanto as diferenzas de presión entre o barlovento e o sotavento da crista dunha onda como a fricción sobre a superficie da auga pola cizalladura do vento, causan o crecemento das ondas. A altura das ondas increméntase cando aumenta:
Xeralmente, as ondas grandes son as máis potentes. En concreto, a onda de enerxía vén determinada pola altura das ondas, a velocidade de onda, a lonxitude de onda e a densidade da auga.
O movemento oscilatorio é máis elevado na superficie e diminúe coa profundidade. Porén, para as ondas estacionarias cerca da costa, a súa enerxía tamén está presente a gran profundidade polas oscilacións de presión, que produce microsismos. Estas flutuacións de presión a maior profundidade son demasiado pequenas para resultar interesantes dende o punto de vista do poder da onda.
As ondas propáganse na superficie do océano, e a súa enerxía tamén se transporta horizontalmente coa velocidade de grupo. A media de taxa de transporte da enerxía das ondas a través dun plano vertical paralelo á crista dunha onda chámase fluxo de enerxía ou poder dunha onda.
Unha das propiedades características das ondas é a súa capacidade de desprazarse a grandes distancias sen apenas perda de enerxía; por iso, a enerxía xerada en calquera parte do océano acaba no bordo continental. Deste modo a enerxía das ondas concéntrase nas costas.
En augas profundas, se a profundidade da auga é maior que a metade da lonxitude de onda, o fluxo de enerxía das ondas é
onde
Existen diversos dispositivos para captar a enerxía procedente das ondas. Podemos agrupar estes sistemas en dous grupos:
- Activos: os elementos da estrutura móvense ao golpear as ondas e extráese a enerxía utilizando os movementos que provocan as partes móbiles e as partes fixas:
- Pasivos: a estrutura está fixa ao fondo do mar ou na costa e a enerxía extráese directamente do movemento da auga:
As instalacións undimotrices requiren un alto investimento e un maior desenvolvemento tecnolóxico. Os seus responsables deben mellorar en varias cuestións, como a súa eficiencia ao aproveitar o movemento non lineal e esquivo das ondas, ou a súa resistencia ao embate destas, e todo iso cun custo asumible. Por iso, as instalacións deste tipo aínda non son competitivas.
Por outra banda, a tecnoloxía undimotriz presenta incluso máis vantaxes que outras renovables: trátase dunha enerxía constante e inesgotable, xa que sempre hai ondas, e o seu impacto no contorno tamén é menor.
En España inda non se aproveita este tipo de enerxía de forma comercial. En Cantabria e no País Vasco estanse desenvolvendo proxectos de centrais piloto que utilizan a forza das ondas en Santoña e en Mutriku.
O seu funcionamento baséase no aproveitamento da enerxía da oscilación vertical das ondas a través dunhas boias eléctricas que se elevan e descenden sobre unha estrutura similar a un pistón, na que se instala unha bomba hidráulica. A auga entra e sae da bomba co movemento e impulsa un xerador que produce a electricidade. A corrente transmítese á terra a través dun cable submarino. Iberdrola, a promotora, instalará 10 boias somerxidas a unha profundidade de 40 metros, a unha distancia da costa entre 1,5 e 3 quilómetros, ocupando unha superficie duns 2000 km². As boias teñen unha potencia total de 1,5 MW, e soben e baixan ao vaivén das ondas, enrolando e desenrolando un cable que move un xerador de enerxía. Segundo os seus promotores, as principais vantaxes deste sistema son a súa seguridade, ao atoparse somerxido, a súa maior durabilidade e un impacto ambiental mínimo. En España estase utilizando tamén na zona costeira de Mora de Rubielos, que xa conta cunhas 40 boias.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.