Endorfina
péptidos opioides endóxenos que funcionan como neurotransmisores / From Wikipedia, the free encyclopedia
As endorfinas (do grego endóxeno e morfina)[1] son péptidos opiáceos endóxenos que funcionan como neurotransmisores.[2] Prodúcense na hipófise ou pituitaria e no hipotálamo dos vertebrados durante o exercicio,[3] excitación, dor, consumo de capsaicina (alimentos picantes), amor e orgasmo,[4][5] e parécense aos opiáceos na súa capacidade analxésica e produción dunha sensación de benestar.
A secuencia de aminoácidos da β-endorfina é: Tyr-Gly-Gly-Phe-Met-Thr-Ser-Glu-Lys-Ser-Gln-Thr-Pro-Leu-Val-Thr-Leu-Phe-Lys-Asn-Ala-Ile-Ile-Lys-Asn-Ala-Tyr-Lys-Lys-Gly-Glu[6]. Coñécense tamén a α-endorfina, γ-endorfina[7], α-neo-endorfina e β-neo-endorfina.
As endorfinas pertencen ao grupo dos péptidos opiáceos, entre os que no ser humano están incluídos ademais as encefalinas, dinorfinas, adrenorfina, amidorfina e opiorfina.