![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/69/Erection_Homme2.jpg/640px-Erection_Homme2.jpg&w=640&q=50)
Excitación
From Wikipedia, the free encyclopedia
A excitación é a primeira parte dunha resposta sexual.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/69/Erection_Homme2.jpg/640px-Erection_Homme2.jpg)
Iníciase coa estimulación que pode ser física, psicolóxica ou unha combinación de ambas as dúas a través do olfacto, a vista, o tacto, o pensamento ou as emocións. En termos fisiolóxicos, relaciónase co fenómeno vasoconxestivo: fluxo de sangue en certas rexións do corpo, particularmente nos órganos pélvicos. As súas manifestacións fundamentais, que poden non ser instantáneas nin permanentes, son a erección do pene e a lubricación vaxinal. Así mesmo, ambos os dous sexos experimentan un aumento do ritmo cardíaco.