![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/Starr_070730-7870_Cichorium_endivia.jpg/640px-Starr_070730-7870_Cichorium_endivia.jpg&w=640&q=50)
Endivia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A endivia[2] é o rebento de diferentes variedades da chicoria, Cichorium endivia, que se cultivan debaixo da terra dunha maneira especial e presentan unha cor branca verdella e sabor amargo. Adóitanse consumir cocidas ou crúas en ensaladas.
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Endivia | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Endivias | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Cichorium endivia L. |
Pechar
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Andijvie_bloei.jpg/320px-Andijvie_bloei.jpg)
É tamén un dos nomes comúns para variedades da chicoria común (Cichorium intybus), principalmente a chicoria belga ou chicoria francesa. Existe considerábel confusión entre as designacións vulgares de Cichorium endivia e Cichorium intybus.[3]
A endivia é rica en moitas vitaminas e minerais, especialmente vitaminas A e K e folato, fornecendo tamén unha cantidade razoábel de fibra.
Existen dúas variedades principais cultivadas de endivia:
- A endivia frisada (var crispum). Este tipo ten follas exteriores estreitas, verdes e frisadas. Tamén chamada chicoria frisada ou simplemente chicoria.
- A escarola (var latifolium)[4]. Posúe follas largas de cor verde pálida e é menos amarga que a outra variedade. Tamén denominada chicoria lisa ou endivia de folla larga.