médico e biólogo galego especializado en malacoloxía From Wikipedia, the free encyclopedia
Emilio Rolán Mosquera, nado na Guarda en 1935 é un médico e biólogo galego especializado en malacoloxía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 (88/89 anos) A Guarda, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela (–1960) |
Actividade | |
Ocupación | médico, biólogo e malacólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Rolán |
Familia | |
Fillos | Emilio Rolán-Alvarez |
Premios | |
Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo | |
Lista
|
Licenciado en Medicina e Cirurxía en 1960 pola universiadade de Santiago de Compostela, foi médico interno da cátedra de pediatría e puericultura da Facultade de Medicina de Santiago en 1962, desempeñando o cargo de médico axudante de clases prácticas de pediatría durante o curso 1961-62 en dita facultade.
En 1963 obtén en Madrid o título de Médico puericultor do Estado e, en 1964, o de Especialista en pediatría e puericultura.
Entre outros cargos, foi médico pediatra do antigo Seguro Obrigatorio de Enfermidade, desde 1966, exercendo, entre outros lugares, no concello da Pobra do Caramiñal, despois foi xefe do Servizo de Pediatría do Instituto Social da Mariña, en Vigo, desde 1974 a 1985, e xefe do Servizo de pediatría do Hospital Povisa, de Vigo, desde 1978 até 1999.
Como docente, foi profesor asociado de Ciencias da Saúde (PACS) da Facultade de Medicina de Santiago desde 1989 a 1996, profesor titular da Escola Universitaria de Enfermaría de Vigo da materia Metodoloxía da investigación, no curso 1992-93, e de Enfermaría infantil, desde 1993 até 2003.[1]
Exercendo como pediatra, e por casualidade, empezou a interesarse polos moluscos.
Me inicié en Pobra do Caramiñal, cuando trabajaba allí. Recogía conchas para decorar cofres y un día leí en una revista médica que un coleccionista pedía conchas del Atlántico y le envié un lote. Él me contestó y me mandó a su vez otro lote del Mediterráneo. Me encontré sin querer con una pequeña colección.[2]
A partir de aí comprou un libro e comezou a ordenar as cunchas. Ao volver a Vigo, en 1965, naceu unha colección que foi medrando até converterse nunha das máis importantes do mundo (na actualidade contén máis de 25 000 lotes catalogados, ademais dunha gran cantidade de lotes e material pendente de estudo, cun total aproximado superior probabelmente a dous millóns de cunchas e exemplares, a maior parte obtidas mediante propia recolección en numerosos países do mundo). Contra 1978, e tras unha viaxe a Cabo Verde, arrincou a súa dedicación como investigador malacolóxico.
En 1980 fixo a súa primeira publicación (leva máis de trescentas), centrándose neste aspecto máis que na recompilación de cunchas de moluscos en mares e ríos. Doutor en Bioloxía pola universidade de Santiago en 1992, a súa tese de doutoramento titúlase "La familia Conidae en el Archipiélago de Cabo Verde". A maioría dos fondos da súa colección proceden das máis de 60 viaxes que realizou a 35 países de todo o mundo, participando en máis dunha vintena de expedicións, sobre todo en Cuba e Cabo Verde.
No seu haber científico e investigador ten publicados preto dun millar de nomes de especies descubertas e descritas por el mesmo, entre elas unha específica de Vigo, a Onoba vigoensis, outra dedicada a Galicia, Onoba galaica,[3] e outra, a Onoba bregoani, dedicada a Breogán.[3][4]
É autor de numerosos libros e publicacións científicas, especialmente no campo da malacoloxía, pero tamén no da pediatría.
En 2003 asinou un convenio coa universidade compostelá cedendo os seus fondos a dita institución, para que formen parte do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.[5]
A abreviatura Rolán emprégase para indicar a Emilio Rolán como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.