político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Emilio Deogracias Alonso Paz, nado en Cartimil (Silleda) en 1878 e finado en Monte Porreiro (Pontevedra) o 16 de marzo de 1937, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da II República Española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1878 Cartimil, España |
Morte | 16 de marzo de 1937 (58/59 anos) Monte Porreiro, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Silleda | |
1936 – 1936 (destitución) ← Antonio Trabazo Lorenzo – Manuel García Cerviño → | |
Alcalde de Silleda | |
1932 – 1934 (dimisión) ← Antonio Pereiro Gil – Segundo Arceo Díaz → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Parentes | Antón Alonso Ríos, curmán entregue |
Curmán de Antón Alonso Ríos, foi un dirixente agrarista. Concelleiro de Silleda en 1931, foi elixido alcalde en 1932 e dimitiu en 1934. Militante de Izquierda Republicana, en 1936 foi reposto como alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal, pero foi delatado, apresado e entregado ás autoridades franquistas, que o internaron na illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra, foi condenado á pena de morte e fusilado en Monte Porreiro en marzo de 1937.
A finais da década de 1990, a corporación municipal de Silleda decidiu poñerlle o seu nome a unha das rúas do casco urbano de Silleda. No 2007, coincidindo co 70 aniversario do seu fusilamento, a asociación socio-cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio organizaron un acto na súa lembranza na rúa que leva o seu nome.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.