Emilio Alarcos Llorach, nado en Salamanca o 22 de abril de 1922 e finado en Oviedo o 26 de xaneiro de 1998, foi un lingüista español, catedrático emérito da Universidade de Oviedo, membro da Real Academia Española e da Academia de la Llingua Asturiana.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Iniciou os seus estudos universitarios en Valladolid, onde o seu pai era catedrático; continuounos en Madrid, onde tivo como mestre a Dámaso Alonso e por cuxa universidade se doutorou en Filoloxía Románica en 1947. Catedrático de instituto en Avilés dende 1944, a súa estancia como lector de español en Berna e Basilea (1946-1947) foi decisiva para a súa formación como lingüista, pois lle permitiu entrar en contacto directo con correntes científicas que apenas tiveran eco en España, e que o contribuiría de xeito decisivo a difundir na súa patria. Tras outro breve período como catedrático de instituto en Cabra (Provincia de Córdoba) e Logroño, obtén en 1950 a cátedra de Gramática Histórica da Lingua Española na Universidade de Oviedo. Do seu fecundo labor nesa universidade dan testemuño os seus numerosos discípulos, así como unha revista, Archivum, imprescindible nos estudos hispánicos. Electo para a cadeira B da Real Academia Española en 1972, o seu ingreso efectivo na corporación produciuse un ano máis tarde. Era, no momento do seu falecemento, Presidente da Asociación de Historia da Lingua Española.

Contribucións á lingüística

Emilio Alarcos contribuíu decisivamente á introdución e difusión en España das teorías lingüísticas de diversas escolas do estruturalismo europeo: primeiro foi o Círculo de Praga coa Fonoloxía española (1950); despois, a Glosemática de Copenhaguen cunha Gramática estrutural (1951); e finalmente o funcionalismo martinetiano cos seus imprescindibles Estudos de gramática funcional do español (1970). A culminación dos seus estudos gramaticais chegou coa publicación da súa Gramática da lingua española (1994), obra que logrou unha extraordinaria acollida entre o público en xeral e que permitiu aos especialistas coñecer a visión que o mestre tiña de certas parcelas da gramática que non foran abordadas previamente por el en estudos monográficos.

Emilio Alarcos tamén levou a cabo algúns estudos de crítica literaria, ocupándose, entre outros, da análise da poesía de Blas de Otero ou de Ángel González.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.