![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/Pietra_bismantova.jpg/640px-Pietra_bismantova.jpg&w=640&q=50)
Emilia-Romaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Emilia-Romaña[1][2] ou Emilia-Romana[3] (en italiano: Emilia-Romagna, en emiliano-romañolo: Emégglia-Rumâgna) é unha rexión da Italia setentrional de 4,2 millóns de habitantes, con capital en Boloña. Limita ao leste co mar Adriático, ao norte co Véneto e a Lombardía, ao oeste co Piemonte e a Liguria, ao sur coa Toscana, As Marcas e a República de San Marino.
Emilia-Romagna (it) ![]() | |||||
Nomeado en referencia a | Romanha (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Italia ![]() | ||||
Capital | Boloña ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.459.477 (2019) ![]() | ||||
Lingua usada | dialeto emiliano (pt) ![]() romagnol (pt) ![]() Lingua lombarda ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 22.123,09 km² ![]() | ||||
Bañado por | mar Adriático ![]() | ||||
Altitude | 211 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Apolinar de Rávena ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Emilia-Romagna (en) ![]() ![]() | ||||
• President of Emilia-Romagna (en) ![]() ![]() | Stefano Bonaccini (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Legislative Assembly of Emilia-Romagna (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IT-45 ![]() | ||||
Código NUTS | ITH5 ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 08 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | regione.emilia-romagna.it ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
A rexión está composta por dúas rexións históricas: a Emilia, que comprende as provincias de Piacenza, Parma, Reggio, Módena, Ferrara e boa parte da provincia de Bologna, coa súa capital, e a Romaña (Romagna), coas provincias de Rávena, Rimini e Forlì, así como Cesena e a parte oriental da provincia de Bologna (Imola e zonas limítrofes). A Romaña histórica comprende pequenos territorios nas Marcas e na Toscana.
As áreas que constitúen a rexión actual están poboadas dende tempos remotos, como así o indican varios achados: o caso máis famoso é o sito en Monte Poggiolo, onde foron encontrados importantes restos arqueolóxicos, cunha antigüidade estimada de 800.000 anos, demostra que a zona xa estaba habitada no paleolítico.