química escocesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Elizabeth Fulhame, nada en Escocia no século XVIII, foi unha química escocesa dunha familia culta, membro honorario da Philadelphia Chemical Society. Inventou o concepto de catálise, descubriu os mecanismos da fotorredución.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1759 |
Morte | c. 1810 (50/51 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Escocia |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | química , bióloga |
Período de actividade | 1780 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Thomas Fulhame |
Entre as súas obras destaca An essay on combustion: with a view to a new art of dying and painting. Wherein the phlogistic and antiphlogistic hypotheses are proven erroneous (1794), cuxo propósito era atopar aplicacións prácticas nos seus experimentos.[2][3] Porén, dedicou a súa vida á química teórica. Fullhame rexeitou en parte a teoría da combustión de Lavoisier e a teoría do floxisto. O seu libro foi reimpreso en 1810.
Reimpresos en Alemaña e nos Estados Unidos, os experimentos de Fulhame foron revisados en varias revistas británicas, e foron comentados positivamente por Benjamin Thompson, Conde de Rumford e John Herschel.[4]
Fulhame publicou nun libro os seus experimentos sobre reducións onde usara auga con metais para non ser "plaxiada". Tamén dixo que o seu libro posiblemente podería servir como "un faro para as futuras navegantes" (por exemplo, mulleres) nas investigacións científicas. Lamentablemente, Antoine Lavoisier morreu seis meses antes da publicación do seu libro e, polo tanto, non puido responder á súa teoría. O químico irlandés William Higgins queixouse de que ignorara o seu traballo sobre a implicación da auga na oxidación do ferro, pero concluíu magnanimemente: "Lin o teu libro con gran pracer, e desexo sinceramente que se siga o teu loable exemplo".[2][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.