Elephant (filme de 2003)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Elephant é un filme estadounidense dirixido, escrito e editado por Gus Van Sant que se estreou no 2003. A historia ten lugar no instituto ficticio de Watt, en Portland, Oregón, e relata os eventos ocorridos durante un tiroteo no centro. Baséase en parte no masacre de Columbine de 1999. O filme comeza pouco tempo antes de que ocorra o tiroteo, e segue as vidas de varias personaxes dentro e fóra do instituto, que descoñecen totalmente o que está a piques de ocorrer. Está protagonizado por actor novos ou non profesionais, como John Robinson, Alex Frost ou Eric Deulen.
Elephant | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Elephant |
Director | Gus Van Sant |
Produtor | Diane Keaton Dany Wolf JT LeRoy |
Guión | Gus Van Sant |
Intérpretes | Alex Frost Eric Deulen John Robinson |
Fotografía | Harris Savides |
Montaxe | Gus Van Sant |
Estudio | HBO Films |
Distribuidora | Fine Line Features |
Estrea | 2003 |
Duración | 81 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $3 000 000[1] |
Recadación | $10 012 022[2] |
Filme anterior | Gerry |
Filme seguinte | Last Days |
Na rede | |
http://www.elephantmovie.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Elephant é o segundo filme da triloxía cinematográfica de Van Sant "Death Trilogy", sendo a primeira Gerry (2002) e a terceira Last Days (2005), estando os tres baseados en feitos reais.
Elephant foi aclamada pola crítica e recibiu a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2003,[3] no cal Patrice Chéreau foi o presidente do xurado. Por ser o primeiro filme en representar un tiroteo nun instituto dende Columbine, foi moi controvertido polo seu tema e pola posible influencia que podería ter en adolescentes imitadores do caso.