Masacre de Columbine
From Wikipedia, the free encyclopedia
O masacre de Columbine foi un tiroteo nun colexio que ocorreu o 20 de abril de 1999, no instituo de Columbine,[1][2] no estado de Colorado. Ademais do tiroteo, o plan incluía un ataque con bombas para facer estoupar os extintores, con tanques de propano dispostos na cafetería e 99 dispositivos explosivos. Os perpretadores foron os estudantes Eric Harris e Dylan Klebold, que asasinaron 12 alumnos e un mestre. Tamén feriron outras 21 persoas, e tres máis que resultaron feridas cando tentaban escapar do colexio. Despois, ámbolos dous cometeron suicidio.[3][4]
Masacre de Columbine | |
---|---|
Vista aérea do instituto de Columbine | |
Lugar | Columbine (Colorado) |
Coordenadas | 39°36′12″N 105°04′29″O |
Data | 20 de abril de 1999 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Malia que os motivos non quedaron claros, crese que pretendían rivalizar e superar o atentado de Oklahoma City, así como outros incidentes mortais que ocorreron nos Estados Unidos na década de 1990. O ataque foi descrito polo USA Today como un "ataque suicida [que foi] planeado como un ataque terrorista de bombardeos errado."[5] O masacre foi considerado como o máis "sanguento tiroteo na historia dos Estados Unidos."[6]