From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007 tiveron lugar o 27 de maio de dito ano, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco e coas municipais en toda España.[1]
Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2003 2011 → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 27 de maio de 2007 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións á Asemblea de Estremadura | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | deputado da Asemblea de Estremadura | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Juan Carlos Rodríguez Ibarra, presidente da Xunta de Estremadura desde 1982, anunciou o 19 de setembro de 2006 que non se volvería a presentar ás eleccións de 2007 debido a problemas de saúde.[2] O novo candidato do PSOE, Guillermo Fernández Vara, que era conselleiro de Sanidade e Consumo, foi presentado como novo candidato o día seguinte do comunicado de Ibarra.
O asunto máis importante da campaña foi a polémica creada arredor da construción dunha refinaría en Los Santos de Maimona (provincia de Badaxoz), promovida polo grupo industrial de Alfonso Gallardo, a Refinería Balboa, que é apoiada polo PSOE e pola Xunta de Estremadura (a través da Sociedade de Fomento Industrial de Estremadura). A oposición, PP e IU, oponse, alegando o impacto negativo que isto suporía para o medio ambiente.
Presentáronse a estas eleccións once candidaturas. Cinco delas fixérono en ambas provincias: PSOE-Regionalistas, Partido Popular-Extremadura Unida (PP-EU), Izquierda Unida-Socialistas Independientes de Extremadura (IU-SIEX), Independientes por Extremadura (IPEX) e Los Verdes de Extremadura (LV). Tres máis fixérono só por Badaxoz: Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Centro Democrático y Social (CDS) e Partido Humanista (PH). E outras tres só por Cáceres: Unión del Pueblo Extremeño (UPEX), Iniciativa Habitable (I.H.) e Ciudadanos en Blanco (CenB)
O Partido Socialista Obrero Español (PSOE) esperaba revalidar a maioría absoluta da que dispoñía na comunidade, a pesar de non presentar como candidato á presidencia a Juan Carlos Rodríguez Ibarra, que anunciara a súa retirada. O candidato foi o entón conselleiro de Sanidade e Consumo, Guillermo Fernández Vara, considerado máis próximo á dirección federal que o propio Ibarra.
O PSOE decidiu manter a súa coalición con Coalición Extremeña, en vigor desde 2003 e presentarse co nome PSOE-Regionalistas, en lugar do PSOE-Progresistas da anterior convocatoria electoral autonómica.[3]
O Partido Popular (PP), principal partido da oposición, presentouse en coalición cos rexionalistas de Extremadura Unida (EU), tras ter alcanzado un pacto en maio de 2006 para presentarse conxuntamente.[4]
O seu programa opoñíase ao proxecto da Refinería Balboa, que consideran unha actividade económica obsoleta, aínda que a principios do ano 2008 o seu candidato á presidencia, José Antonio Monago, declaraba o seu apoio á instalación da refinaría. O seu candidato á presidencia era o líder do partido en Estremadura Carlos Floriano.
A coalición progresista formada por Izquierda Unida-Compromiso por Extremadura (IU-CE) e Socialistas Independientes de Extremadura (SIEX) e que con tres deputados, era a terceira forza política en Estremadura, volveuse a presentar co obxectivo de influír no seguinte goberno autonómico.[5] Opoñíase á construción da Refinería Balboa por motivos medioambientais. O seu candidato á presidencia era Victor Casco.
As enquisas realizadas durante a campaña prevían unha cómoda vitoria do PSOE, se ben á baixa e sen ter clara a revalidación da maioría absoluta, fixada en 33 escanos. Os resultados das enquisas de Opiniometro (encargada por El Periódico de Extremadura) e do Instituto Opina (encargada polo PSOE) foron os seguintes:
Candidatura | Resultados das eleccións de 2003 |
Opiniometro | Instituto Opina | |
---|---|---|---|---|
Partido Socialista Obrero Español | 36 escanos | 32 - 33 escanos | 35 escanos | |
Partido Popular | 26 escanos | 29 - 30 escanos | 29 escanos | |
Izquierda Unida - Socialistas Independientes de Extremadura | 3 escanos | 3 escanos | 1 escano |
Cun censo de 893.547 electores, os votantes foron 669.752 (75,0%) e 223.795 as abstencións (25,0%). O PSOE gañou por maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Guillermo Fernández Vara, como presidente da Xunta. Izquierda Unida desapareceu da Asemblea e foi a primeira vez na existencia do parlamento autonómico na que só existiron dous grupos parlamentarios.
Á parte, contabilizáronse 7.926 (1,2%) votos en branco.
Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | Escanos | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
PSOE-Regionalistas (PSOE-REGIONALISTAS)a | Guillermo Fernández Vara | 352.342 | 53,63 | 38b | +2 | |
Partido Popular-Extremadura Unida (PP-EU) | Carlos Floriano | 257.392 | 39,18 | 27c | +1 | ||
Izquierda Unida-Socialistas Independientes de Extremadura (IU-SIEX) | Víctor Casco | 30.028 | 4,57 | 0 | -3 | ||
Independientes por Extremadura (IPEX) | Justo Antonio Sánchez[6] | 8.389 | 1,28 | 0 | |||
Los Verdes de Extremadura (LV) | Mª Josefa Martínez Perpiñán[7] | 4.082 | 0,62 | 0 | |||
Unión del Pueblo Extremeño (UPEX) | 1.520 | 0,23 | 0 | ||||
Iniciativa Habitable (IH) | 958 | 0,15 | 0 | ||||
Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) | 903 | 0,14 | 0 | ||||
Ciudadanos en Blanco (CenB) | 499 | 0,08 | 0 | ||||
Centro Democrático y Social (CDS) | 445 | 0,07 | 0 | ||||
Partido Humanista (PH) | 370 | 0,06 | 0 | ||||
En branco | N/A | 7.926 | 1,2 | N/A | N/A | ||
Nulos | N/A | N/A | N/A |
aEn coalición con Coalición Extremeña.
b3 dos 38 pertencen a Coalición Extremeña.
c2 dos 27 pertencen a Extremadura Unida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.