From Wikipedia, the free encyclopedia
Extremadura Unida (EU) é un partido rexionalista estremeño de centro dereita. Fundado en 1980 por Pedro Cañada Castillo foi o primeiro partido rexionalista de Estremadura. Pedro Cañada Castillo foi tamén fundador de Acción Regional Extremeña, un dos partidos que se integrou en Unión de Centro Democrático ao inicio da Transición e que foi, até 1979, senador pola UCD.[1] Obtivo representación na Asemblea de Estremadura nas eleccións de 1983 e 1987. En 1989 formou parte da candidatura presentada pola Federación de Partidos Rexionais nas eleccións ao Parlamento Europeo, sen conseguir a coalición representación. No 2005 propuxo a celebración dun referendo en toda España para que o pobo español se definise sobre o Plan Ibarretxe. No ano 2006 asinou un acordo para presentar listas conxuntas co Partido Popular nas eleccións municipais e autonómicas de 2007.EU obtivo un deputado autonómico, Juan Pedro Domínguez, nas listas da coalición co PP. Presentouse en solitario ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, obtendo 5.007 votos (0,03% dos votos). En Estremadura obtivo 1.720 votos (0,38% do total da comunidade).[2]
Extremadura Unida | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | Nacionalismo estremenho |
Data de fundación | 1980 |
Presidente/a | Pedro Cañada Castillo (-) |
País | España |
Na rede | |
http://www.extremaduraunida.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O logotipo de Extremadura Unida é a silueta da rexión estremeña, con fondo da bandeira de Estremadura e sobre a franxa branca o nome do partido. Pódense atopar dentro do partido actitudes favorables cara ao estremeño, publicando en 2004 unha tradución de Pedro Cañada da Constitución Española chamada La Cohtitución Ehpañola en Ehtremeñu.
De cara ás eleccións xerais de 2011, presentouse en coalición co Partido Popular.[3]
1983 | 47.504 | 8,52 | 6 | |||||||||
1987 | 34.606 | 5,86 | 6 | |||||||||
1991 | 14.452 | 2,52 | 0 | |||||||||
1995 | Presentouse dentro de Coalición Extremeña, obtendo 1 deputado | |||||||||||
1999 | 10.783 | 1,69 | 0 | |||||||||
2003 | 12.171 | 1,87 | 0 | |||||||||
2007 | Presentouse en coalición co Partido Popular, obtendo 2 deputados | |||||||||||
2011 | Presentouse en coalición co Partido Popular, obtendo 1 deputado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.