From Wikipedia, the free encyclopedia
Elastica é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo do mesmo nome. Foi editado o día 14 de marzo de 1995 a través do selo Deceptive Records no Reino Unido e a través de DCG/Geffen Records internacionalmente.[1] O disco foi nomeado ao Mercury Music Prize.[2] Trátase do seu único álbum en contar coa formación orixinal.
Elastica | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Elastica | ||||
Publicado | 14 de marzo de 1995 | |||
Gravación | 1994 | |||
Estudio(s) | Konk, Londres | |||
Duración | 38:08 | |||
Xénero(s) | britpop, punk rock | |||
Selo(s) | Deceptive Records (Reino Unido) Geffen Records (Estados Unidos) | |||
Produtor | Marc Waterman, Elastica | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Elastica alcanzou o número un na lista de álbums do Reino Unido,[3] converténdose, nese momento, no debut máis vendido dende Definitely Maybe de Oasis o ano anterior.[4][5] O disco tamén vendeu ben nos Estados Unidos, chegando ao número 66 da Billboard 200 despois de 11 semanas na lista.[6] Dous meses despois do seu lanzamento, vendera máis de 59 000 unidades nos Estados Unidos segundo Nielsen Soundscan.[1] A finais de 1995 vendera aproximadamente 1 millón de copias en todo o mundo segundo Billboard.[7] Ao redor da metade destas vendas realizáronse en Estados Unidos, onde o disco foi certificado ouro en decembro de 1995.[8] En abril de 2000 Deceptive estimou que as vendas no Reino Unido eran dunhas 270 000 copias.[9]
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Line Up" | Frischmann, Elastica | 3:15 |
2. | "Annie" | Matthews, Jane Oliver, Elastica | 1:15 |
3. | "Connection" | Frischmann, Elastica | 2:22 |
4. | "Car Song" | Frischmann, Elastica | 2:24 |
5. | "Smile" | Frischmann, Matthews, Elastica | 1:40 |
6. | "Hold Me Now" | Frischmann, Matthews, Elastica | 2:33 |
7. | "S.O.F.T." | Frischmann, Elastica | 3:59 |
8. | "Indian Song" | Frischmann, Elastica | 2:48 |
9. | "Blue" | Matthews, Elastica | 2:23 |
10. | "All-Nighter" | Frischmann, Elastica | 1:31 |
11. | "Waking Up" | The Stranglers, Frischmann, Elastica | 3:16 |
12. | "2:1" | Matthews, Elastica | 2:31 |
13. | "Vaseline" | Frischmann, Elastica | 1:20 |
14. | "Never Here" | Frischmann, Elastica | 4:27 |
15. | "Stutter" | Frischmann, Elastica | 2:23 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.