![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Pell%2527s_equation.svg/langgl-640px-Pell%2527s_equation.svg.png&w=640&q=50)
Ecuación de Pell
x ao cadrado menos D por y ao cadrado igual a 1 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Definimos a ecuación de Pell como calquera ecuación diofantiana da forma onde n é un número enteiro non cadrado positivo e procuramos solucións enteiras para x e y. En coordenadas cartesianas, a ecuación represéntase por unha hipérbola, as solucións ocorren sempre que a curva pasa por un punto cuxas coordenadas x e y son ambas as dúas enteiras, como a solución trivial con x = 1 e y = 0. Joseph Louis Lagrange demostrou que, mentres n non sexa un cadrado perfecto, a ecuación de Pell ten infinitas solucións enteiras distintas. Estas solucións pódense usar para aproximar con precisión a raíz cadrada de n por números racionais da forma x/y.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Pell%27s_equation.svg/640px-Pell%27s_equation.svg.png)