Economía de Camboxa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A economía de Camboxa, experimentou un rápido progreso económico na última década. A renda per cápita, a pesar de crecer rapidamente, é baixa en comparación coa maioría dos países veciños. Desde 2004 as industrias do vestiario, construción, agricultura e o turismo ten conducido o crecemento do país[1]. O PIB creceu máis de 6% ó ano entre 2010 e 2012[1]. A fabricación de roupas emprega actualmente máis de 400 mil persoas e responde por 70% das exportacións do país[1].
Economía de Camboxa | |
---|---|
Moeda | riel camboxano |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, ASEAN, AFTA |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 36,54 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 108ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 7,3% (2012) |
PIB per cápita | 2 400 (2012) |
PIB por sector | agricultura 35,7%, industria 23,9%, servizos 40,4% (2012) |
Inflación | 2,9% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 7.900.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 55,8%, industria 16,9%, servizos 27,3% (2010) |
Desemprego | 0% (2011) |
Industrias | Turismo, roupa s, construción, beneficiamento de arroz, pesca, madeira e produtos de madeira, caucho, cemento, minería de xemas, téxtiles |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 6 016 millóns (2012) |
Produtos de exportación | roupas, madeira, caucho, arroz, peixe, tabaco, calzados |
Principais mercados | Estados Unidos 32.6%, Reino Unido 8.3%, Alemaña 7.7%, Canadá 7.7%, Singapur 6.6%, Vietnam 5.7%, Xapón 4.7% (2012) |
Importacións | 7 965 millóns (2012) |
Principais produtos importados | produtos petrolíferos, tabaco, ouro, materiais de construción, maquinaria, vehículos motorizados, fármacos |
Principais mercados | Tailandia 27.1%, Vietnam 20.3%, República Popular da China 19.5%, Singapur 7.1%, Hong Kong 5.8%, Corea do Sur 4.3% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 4 567 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A principal actividade doméstica da que a maioría de fogares rurais dependen é a agricultura e a relacionada cos sub-sectores. A produción manufatureira é variada, pero non moi extensa, e levan a cabo principalmente de forma artesanal e informal. O sector de servizos está fortemente concentrado nas actividades comerciais e os servizos relacionados con alimentación.