Organización Mundial do Comercio
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización Mundial do Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización internacional que supervisa un gran número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. A OMC non forma parte do sistema das Nacións Unidas, e tampouco dos organismos de Bretton Woods como o Banco Mundial ou o FMI.[Nota 1]
Organización Mundial do Comercio | |
---|---|
Acrónimo | OMC, OMC e WTO |
Tipo | organización internacional |
Campo de traballo | trade regulation |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 1 de xaneiro de 1995 e 1995 |
Presidente/a | Ngozi Okonjo-Iweala (2021-) |
Nº de membros | 164 |
Nº de empregados | 640 (2018) |
Orzamento | 197200000 Franco suízos |
Organización subsidiaria | WTO General Council |
Sede | Centre William Rappard e Xenebra |
País | Suíza |
Na rede | |
https://www.wto.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A OMC comezou oficialmente o 1 de xaneiro de 1995 despois do acordo de Marrakesh, asinado por 123 nacións o 15 de abril de 1994, e que substituía o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), que comezara en 1948. É a maior organización económica do mundo.[1][2]
O corpo principal de decisións da OMC é a Conferencia Ministerial, que adoita reunirse cada dous anos.[3] Reúne todo os membros da OMC e pode tomar decisións sobre calquera asunto baixo algún dos acordos de comercio. Algunhas das conferencias, como a inaugural de Singapur (1996) e a de Cancún (2003)[4] provocaron discusións entre economías desenvolvidas e subdesenvolvidas, mentres outras, como a de Seattle (1999) deron lugar a grandes manifestacións.