![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/David_Kaufman_%2528Dziga_Vertov%2529_1913.jpg/640px-David_Kaufman_%2528Dziga_Vertov%2529_1913.jpg&w=640&q=50)
Dziga Vertov
From Wikipedia, the free encyclopedia
David Abelevich Kaufman (ruso Дави́д А́белевич Ка́уфман), nado o 2 de xaneiro de 1886 en Białystok e finado o 12 de febreiro de 1954 en Moscova —máis coñecido polo seu pseudónimo Dziga Vertov, ou Vertof (ruso Дзи́га Ве́ртов)— foi un director e teórico pioneiro do cine documental soviético. As súas teorías sobre a rodaxe influíron sobre o estilo de cinéma vérité de realización de documentais e sobre o Grupo Dziga Vertov, unha cooperativa de cinema que estivo activa nos anos 1960.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (pl) Dawid Abelowicz Kaufman ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de xaneiro de 1896 ![]() Białystok (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 12 de febreiro de 1954 ![]() Moscova (Unión Soviética) ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guionista , director de fotografía , montador , director de cinema , realizador ![]() |
Período de actividade | 1917 ![]() |
Xénero artístico | Documental ![]() |
Lingua | Lingua rusa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Elizaveta Svilova (1929–1954) |
Irmáns | Mikhail Kaufman (pt) ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
No 2012, nunha enquisa de Sight and Sound, os críticos votaron o filme de Vertov Tchelovek s kinoapparatom (1929) o oitavo mellor filme xamais feito.[1]
Os irmáns de Vertov Boris Kaufman e Mikhail Kaufman foron tamén afamados cineastas, así como a súa muller, Elizaveta Svilova.