From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Isabel Catherine Bernadette Ou'Brien, Orde do Imperio Británico, nada en Hampstead (Londres) o 16 de abril de 1939 e finada en Henley-on-Thames (Oxfordshire) o 2 de marzo de 1999, foi unha cantante inglesa de pop soul, máis coñecida como Dusty Springfield.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-gb) Mary Isobel Catherine Bernadette O'Brien 16 de abril de 1939 Londres, Reino Unido |
Morte | 2 de marzo de 1999 (59 anos) Henley-on-Thames (Reino Unido) |
Causa da morte | cancro de mama |
Lugar de sepultura | Oxfordshire |
Outros nomes | Dusty Springfield |
Cor dos ollos | Azul e light blue (en) |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | cantante, artista discográfico, presentadora de televisión |
Período de actividade | 1958 - 1995 |
Membro de | |
Xénero artístico | Soul, Rhythm and blues, música pop e blue-eyed soul |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | United Artists Records Mercury Records Phonogram, Inc. Parlophone Philips Atlantic Records ABC Records 20th Century Fox Records (pt) |
Participou en | |
1965 | Sanremo Music Festival 1965 (en) |
Familia | |
Pais | Gerard Anthony Joseph O'Brien e Kay Ryle |
Irmáns | Tom Springfield |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, A historical dictionary of British women (en) , (p.407) |
Páxina web | dustyspringfieldofficial.com |
Gozou dunha gran popularidade durante a década de 1960, representando o lado máis sofisticado do Swinging London e sendo considerada unha icona polo movemento mod. A comezos da década de 1970 converteuse nun símbolo para a cultura lesbiana tras facer pública a súa bisexualidade. Tras unha etapa de menor relevancia, recobrou notoriedade a finais dos anos 80 grazas ás súas colaboracións co dúo Pet Shop Boys.
O seu pai, admirador da música clásica e o jazz, transmitiulle a súa paixón pola música, e xa desde nova Dusty comezou a mostrar interese polo jazz, o blues e en especial pola estadounidense Peggy Lee, a quen tomou como referencia para a súa carreira como cantante.
En 1959 formou un grupo vocal feminino chamado The Lana Sisters. Tras a súa disolución ese mesmo ano, creou un grupo de folk chamado The Springfields xunto ao seu irmán Dion e a Tim Field, momento tras o cal os dous irmáns cambiarían os seus nomes artísticos polos de Tom Springfield e Dusty Springfield[1]. O grupo obtivo un grande éxito tanto no seu país como nos EUA con cancións como "Silver Threads and Golden Needless", "Island of Dreams" ou "Bambino".
Tras a separación de The Springfields, Dusty iniciaría a súa carreira en solitario en 1963 co single "I Only Want To Be With You", canción con claras influencias dos grupos femininos de soul da Motown ou os producidos por Phil Spector. Neste tema, ademais de cantar, Dusty involucrouse na produción e os arranxos, algo que a partir de entón sería unha constante ao longo da súa carreira. O sinxelo logrou un destacado éxito, levándoa a ser a cantante máis coñecida no seu país e unha referencia para moitas mozas británicas, quen imitaban o seu peiteado e a súa maquillaxe.
O éxito seguiulle acompañando durante o ano seguinte co seu primeiro álbum A Girl Called Dusty e con singles como "Wishin' and Hopin", "I Just Don't Know How to do with Myself" ou "All Cried Out". No mesmo ano protagonizou un incidente tras negarse a actuar en Suráfrica se non se permitía que ao seu concerto asistisen persoas de raza negra, motivando a súa saída do país africano e a demanda ao goberno tras as presións recibidas para que actuase.
Dusty mantivo a súa notoriedade durante os seguintes anos, colocando nos primeiros postos das listas de éxitos cancións como "You Don't Have to Say You Love Me", que alcanzou o número un no Reino Unido e que se mantivo no top ten durante 13 semanas seguidas. Outros singles emblemáticos deste período foron "Sunny", "Losing You" ou "The Look of Love", canción composta por Burt Bacharach e Hal David e que foi o tema principal da banda sonora da película Casino Royale[2][3]. Tamén presentou un programa na televisión británica dedicado ao soul chamado The Sound of Motown.
Cara a 1967 Dusty comezaría a perder popularidade a causa do auxe do rock psicodélico e a cultura hippie, expóndose un novo enfoque á súa música para adecuarse á nova situación. Así, dous anos máis tarde gravaría o seu álbum máis emblemático, Dusty in Memphis. Con este disco, Dusty non conseguiu recuperar o éxito masivo, pero obtivo o recoñecemento dos críticos, quen o sinalaron como o seu mellor traballo, chegando a miúdo a figurar nas listas dos mellores álbums da historia do rock. O tema máis coñecido do disco, "Son of a Preacher Man" foi versionado por Aretha Franklin pouco despois.
A principios da década de 1970 gravou discos como A Brand New Me ou Cameo, que foron aclamados polo crítica pero non polo público, e comezou unha crise persoal. Nesta época Dusty instalouse nos Estados Unidos. Durante o resto dos 70 e a primeira metade dos 80, seguiu gravando algúns discos, aínda que sen a calidade dos seus mellores tempos.
En 1987 aceptou unha invitación de Pet Shop Boys, un dos grupos máis populares do momento e que a admiraban incondicionalmente, para intervir na canción "What Have I Doe to Deserve This"[4], incluída en Actually, o segundo disco do dúo británico. A canción chegou ao posto 2 nas listas de éxitos británicas.
A súa colaboración entre Dusty e o dúo pop continuou co álbum Reputation (1990), que Pet Shop Boys escribiron e produciron para ela; nel estaba presente o son tecno pop característico do dúo e serviu para relanzar a carreira de Dusty.
En 1994 Quentin Tarantino rescataría o clásico "Son of a Preacher Man" para incluílo na banda sonora da súa película Pulp Fiction[5], e no mesmo ano editouse un documental sobre a súa vida titulado Full Circle[6].
Un ano máis tarde gravaría o seu último disco en estudo, A Very Fine Love, e pouco máis tarde foille diagnosticado un cancro de mama, co que loitou até o día da súa morte, o 2 de marzo de 1999 aos 59 anos. No día da súa morte a raíña Isabel II do Reino Unido ía concederlle a Orde do Imperio Británico[7]. Poucos días despois, entraría de maneira póstuma no Salón da Fama do Rock nunha cerimonia en Nova York.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.