Dseta-caroteno
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ζ-caroteno (dseta-caroteno ou z-caroteno) é un carotenoide. Diferénciase do α-caroteno e do β-caroteno en que é acíclico.[1] O ζ-caroteno ten unha estrutura similar á do licopeno, pero ten 4 átomos de hidróxeno adicionais. O ζ-caroteno pode utilizarse como intermediario para a formación de β-caroteno.[2] Unha reacción de deshidroxenación converte o ζ-caroteno en licopeno, que despois pode transformarse en β-caroteno por acción do encima licopeno beta-ciclase.[3][4] O ζ-caroteno é un produto natural atopado na planta Lonicera japonica e na bacteria Rhodospirillum rubrum.
ζ-Caroteno | |
---|---|
![]() | |
7,7′,8,8′-Tetrahidro-ψ,ψ-caroteno | |
(6E,10E,12E,14E,16E,18E,20E,22E,26E)-2,6,10,14,19,23,27,31-Octametildotriaconta-2,6,10,12,14,16,18,20,22,26,30-undecaeno | |
Identificadores | |
Número CAS | 72746-33-9 |
PubChem | 5280788 |
ChemSpider | 4444346 |
UNII | 341QZ5N3E6 |
ChEBI | CHEBI:28068 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C40H60 |
Masa molar | 540,90 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |