From Wikipedia, the free encyclopedia
Os drosofílidos (Drosophilidae) son unha familia de dípteros (moscas) diversa e cosmopolita, denominadas "moscas da froita" ou "do vinagre" (as moscas doutra familia, a Tephritidae, tamén se denominan moscas da froita, e non se deben confundir con estas). A especie máis coñecida da familia Drosophilidae é Drosophila melanogaster, que se utiliza amplamente como organismo modelo en estudos de xenética, desenvolvemento, fisioloxía, ecoloxía e comportamento. Estas moscas teñen unhas vidas moi curtas e presentan un envellecemento gradual. Identificáronse varios xenes que poden manipularse para ampliar a vida destes insectos.
Drosofílidos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Drosophila sp. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilia | |||||||||||||||||||
|
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Drosofílidos |
En xeral estas moscas considéranse unha molestia, pero raramente unha praga, xa que a maioría das especies crían sobre vexetais podres. A especie Zaprionus indianus Gupta é pouco usual entre as Drosophilidae porque é unha praga importante para as colleitas comerciais de figos no Brasil.[1] Outra especie, Drosophila suzukii, infesta froitos de pel fina como framboesas e cereixas e pode ser unha praga agrícola importante.[2] As larvas de Drosophila repleta habitan desaugadoiros e poden espallar bacterias. Estas moscas da froita considéranse en xeral un vector común na propagación de bacterias do ácido acético[3] na natureza, o cal a miúdo estraga o proceso de fermentación alcohólica e pode arruinar o viño e a cervexa ao avinagralos.
Entre os caracteres diagnósticos das Drosophilidae están a presenza dunha vea subcostal incompleta, dúas interrupcións na vea costal, e unha pequena cela anal na á; sedas postocelares converxentes; e xeralmente tres sedas frontais a cada lado da cabeza, unha dirixida cara a adiante e as outras dúas dirixidas cara a atrás. Unha lista máis exhaustiva de características para a identificación poden atoparse en "Drosophila: A Guide to Species Identification and Use" de Therese A. Markow e Patrick O'Grady, (Academic Press, 2005) ISBN 0-12-473052-3, ou en "Drosophila: A Laboratory Handbook" de M. Ashburner, K. Golic, S. Hawley, (Cold Spring Harbor Laboratory Press, 2005).
Cando estas moscas ven femias de avespas endoparasitoides, pasan a poñer os seus ovos en froitas podres que conteñen alcohol; o cal as protexe de converterse en hóspedes das larvas da avespa, xa que estas teñen unha baixa tolerancia ao alcohol.[4]
A familia contén máis de 4.000 especies clasificadas en 75 xéneros. Recentemente, publicouse unha clasificación filoxenética comprensiva dos xéneros baseada tanto en caracteres morfolóxicos coma moleculares.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.