From Wikipedia, the free encyclopedia
Dióscuro ou Dióscoro (en latín: Dioscorus), de orixe grega e nado en Alexandría no século V e finado o 14 de outubro de 530 en Roma, foi antipapa de Bonifacio II.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V Exipto |
Morte | 14 de outubro de 530 Roma, Italia |
Antipapa Bonifacio II | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Dióscoro de Alexandría,[1] era un diácono partidario dun maior achegamento con Bizancio.[2][1] Chegara a Roma como exiliado da persecución dos monofisitas, e foi diácono xunto ao papa Símaco.[3]
Colaborador de varios papas, foi quen convenceu ao rei ostrogodo Teodorico para rematar co cisma do antipapa Lourenzo xunto co diácono Enodio.[4] Posteriormente, en 519, foi legado do papa Fiz III en Constantinopla, na representación ante o emperador Xustino I e o patriarca Xoán II que puxo fin ao cisma acaciano.[5]
Logo da morte de Fiz III, foi elixido por unha maioría do clero romano o 22 de setembro de 530, ao mesmo tempo que a outra parte elixía ao papa Bonifacio II segundo o indicado polo seu antecesor.[6] Porén, Dióscoro morreu o 14 de outubro do mesmo ano sen ter recibido o episcopado.[2][1] Coa súa morte, os seus electores recoñeceron como papa a Bonifacio II polo que se evitou que o cisma prosperase.[1] Malia ser considerado antipapa, o papa Agapito I rehabilitouno en 535.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.