Distrito Federal, Brasil

From Wikipedia, the free encyclopedia

Distrito Federal, Brasilmap

O Distrito Federal é unha das vinte e sete unidades federativas do Brasil. Está situado na Rexión Centro Oeste e limita co estado de Goiás ao sur, oeste, norte e leste e Minas Xerais a sueste. Está dividido en 31 rexións administrativas e a súa área total é de 5.801,937 km², sendo así a menor unidade federativa brasileira. No seu territorio, está localizada a capital federal do Brasil, Brasilia, que é tamén a sede de goberno do Distrito Federal.

Datos rápidos Lema, Localización ...
Distrito Federal, Brasil
Thumb

Lema«Ventvris Ventis»
Localización
Thumb Thumb
 15°47′S 47°45′O
EstadoBrasil
CapitalBrasilia
Poboación
Poboación2.570.160 (2010) (446,15 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie5.760,8 km²
Altitude1.124 m
Punto máis altoPico do Roncador (pt) (1.341 m)
Comparte fronteira con
Creación21 de abril de 1960
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo do Distrito Federal (pt)
 Governador (pt) Ibaneis Rocha (pt) (2019–)
Órgano lexislativoCâmara Legislativa do Distrito Federal (pt) , (Escano: 24)
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BR-DF

Sitio webdf.gov.br
Pechar

O actual Distrito Federal foi ideado a través dun proxecto do entón presidente Juscelino Kubitschek de mudar a capital nacional de Río de Xaneiro cara ao centro do país. Até a creación de Brasilia, antes de Río de Xaneiro, a capital era Salvador.[1] No período colonial brasileiro (1500-1815), a área formaba parte da Capitanía de San Xurxo dos Ilhéus, baixo a rexencia de Jorge de Figueiredo Correia. Porén, co fin das capitanías no Brasil, xurdiron diversas cidades na rexión, incluíndo Ilhéus e, máis tarde, a propia Brasilia, construída por iniciativa do presidente brasileiro Juscelino Kubitschek.[2]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.