Juscelino Kubitschek

From Wikipedia, the free encyclopedia

Juscelino Kubitschek

Juscelino Kubitschek de Oliveira, nado en Diamantina o 12 de setembro de 1902 e morto en Resende o 22 de agosto de 1976, foi presidente do Brasil de 1956 ata 1961. O seu goberno estivo marcado pola inauguración de Brasilia, a actual capital do Brasil, o 21 de abril de 1960.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Juscelino Kubitschek
Thumb
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1902
Diamantina, Brasil
Morte22 de agosto de 1976 (73 anos)
Resende, Brasil
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico
Lugar de sepulturaMemorial JK (pt)
Senador de Goiás (pt)
4 de outubro de 1961 – 8 de xuño de 1964
22º Presidente do Brasil
31 de xaneiro de 1956 – 31 de xaneiro de 1961
 Nereu de Oliveira RamosJânio Quadros 
Prefeito de Belo Horizonte (pt)
23 de outubro de 1940 – 30 de outubro de 1945
 José Osvaldo de Araújo
Deputado federal por Minas Gerais (pt)
Governador de Minas Gerais (pt)
Deputado federal por Minas Gerais (pt)
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica
EducaciónUniversidade Federal de Minas Gerais
Actividade
Lugar de traballo Brasilia
Ocupaciónmédico, político, escritor
Partido políticoPartido Social Democrático (1945) (pt)
Familia
CónxuxeSarah Kubitschek (1931–)
FillosMaria Estela Kubitschek, Márcia Kubitschek
NaiJúlia Kubitschek
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteObálky knih,
WikiTree: Kubitschek_Oliveira-2
Pechar

Traxectoria

Fillo do vendedor João César de Oliveira e da profesora de orixe checa Julia Kubitschek, formouse en medicina en 1927, fixo cursos complementarios en París e Berlín. Comezou a traballar como médico na policía do seu estado, onde coñeceu o futuro gobernador Benedito Valadares, que o iniciou na política en 1934 como xefe do seu gabinete. Despois foi deputado federal e alcalde (en portugués: prefeito) de Belo Horizonte. En 1950 co país redemocratizado, foi elixido gobernador de Minas Xerais. Finalmente, en 1956, foi elixido presidente do Brasil, tendo como vicepresidente a João Goulart.

O goberno como presidente

Antes de comezar o goberno, ocorreu unha tentativa de rebelión militar en Jacareacanga, cidade do estado do Pará, que non tivo éxito. Juscelino controlou a rebelión, prendeu os seus líderes e despois os amnistiou, nunha tentativa de conciliación.

As tentativas de conciliación foron unha característica do seu goberno: evitar que se radicalizasen os descontentos e rebelións. Non legalizou o Partido Comunista (que estaba na clandestinidade dende 1948) pero tampouco perseguiu os seus líderes. Para conter os descontentos da Mariña e da Forza Aérea, que reclamaban melloras nos seus equipamentos, adquiriu o primeiro navío portaavións brasileiro, o Minas Gerais. Non se enfrontou ás oligarquías rurais brasileiras, pero como resposta ós reclamos da reforma agraria no Nordeste brasileiro, creou a Superintendencia do Desenvolvemento do Nordeste (SUDENE). Finalmente, para crear empregos no Brasil, incentivou a instalación de fábricas de automóbiles, como a SIMCA, a Volkswagen, a DKW, a Ford e outras.

A política de implantación de industrias e crecemento económico foi sintetizada nunha frase: facer 50 anos de desenvolvemento en 5 anos de goberno, ou 50 anos en 5. A construción de Brasilia formou parte do proceso de interiorizar o desenvolvemento: abríronse estradas, como a Belém-Brasilia, para ligar puntos do Brasil á nova capital, creando novas zonas de poboación, plantacións e comercio de produtos.

No fin do seu goberno, a alta inflación foi un dos motivos da elección do seu opositor, Jânio Quadros.

Despois da presidencia

Juscelino foi elixido senador polo estado de Goiás en 1962 e tiña o desexo de disputar novamente a presidencia. Pero co golpe militar de 1964 os seus dereitos políticos foron tirados polos militares, e Juscelino decidiu se exilar voluntariamente. Tentou articular no exterior a chamada fronte ampla de oposición ó golpe militar, pero non tivo éxito. En 1976 volveu ó Brasil, pero faleceu nun accidente de automóbil na Estrada Presidente Dutra (BR-116) próxima á cidade de Resende, no estado do Río de Xaneiro. Dos gobernantes do Brasil entre 1945 e 1964, apenas Juscelino e Eurico Gaspar Dutra lograron terminar os entón 5 anos de mandato presidencial. Juscelino é lembrado como un dos gobernantes máis democráticos da historia brasileira.

Máis información Presidente do Brasil ...
Presidente do Brasil

Segue a:
Nereu Ramos
Juscelino Kubitschek
Precede a:
Jânio Quadros
PSD
Pechar

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.