Distopía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha distopía[1][2] ou antiutopía, ou tamén cacotopía[3] é o pensamento, a filosofía ou o proceso discursivo baseado nunha ficción cuxo valor representa a antítese da utópica ou promove a vivencia nunha "utopía negativa"[4]. Están xeralmente caracterizadas polo totalitarismo, autoritarismo, cun control opresivo da sociedade. Nas distopías, frecuentemente emprazada nun futuro próximo, as tendencias sociais lévanse a extremos onde a sociedade, tida como perfecta, utópica, móstrase corruptíbel, e as normas creadas para o ben común móstranse flexíbeis. Con iso, a tecnoloxía, as innovacións que aparentemente farían desas sociedades perfectas, acaban por tornarse medios de control, ben pertencentes ao Estado, a institucións ou mesmo a corporacións empresariais.
Na literatura galega a distopía tivo un cultivo intenso nos anos 90, desde o Soños eléctricos de Ramón Caride Ogando ata o máis recente de Despois do cataclismo de María Alonso Alonso, en case tódolos casos trátase de distopías postapocalípticas, incluso sucedendo na mesma Galicia e mesmo autoparodiando o xénero como en Galiza mutante poder nuclear de Tomás González Aloha.