O Discovery Institute é unha institución non lucrativa fundada en Seattle en 1990, ligada a unha institución de ideoloxía conservadora, o Hudson Institute. O seu presidente é B. Chapman, de confesión católica, que ocupou cargos importantes durante a administración de Ronald Reagan.
Liña ideolóxica
O Discovery Institute tomou o seu nome do barco que, capitaneado por G. Vancouver, explorou as costas norteamericanas do Pacífico entre 1791 e 1795. depende de doadores privados.
Dentro do Discovery Institute ocupa un lugar prominente o Center for Science and Culture (Centro pola ciencia e a cultura, en inglés), en cuxo marco se encadran todos os membros máis destacados do movemento polo deseño intelixente. Este Centro fundouse en 1996 con financiamento de Howard F. Ahmanson e a McLellan Foundation, orixinalmente como Center for the Renewal of Science and Culture (Centro para a renovación da ciencia e a cultura). As declaracións do Centro, como o seu nome, foron evolucionando para tratar de evitar unha conexión demasiado visíbel coas súas bases fundamentalistas.
O Discovery Innstitute ten entre os seus dirixentes a Howard F. Ahmanson, millonario relacionado co movemento chamado Christian Reconstructionism (Reconstrucionismo cristián), unha organización partidaria da subordinación das leis civís ás prescricións do Antigo Testamento e contraria á tolerancia relixiosa. Isto fixo que os seus críticos laicos ou cristiáns o acusaran de promover un neofascismo teocrático semellante ao do réxime talibán de Afganistán.
Un documento de 1998 do Center for Science and Culture, titulado The Wedge Strategy (en inglés, Estratexia da cuña)[1] e filtrado ao público en 1999, foi utilizado polos seus críticos para destacar o carácter relixioso e político dos seus fins e postulados. Estes atópanse resumidos en frases como "Derrotar ao materialismo científico e o seu destrutivo legado moral, cultural e político" e "substituír as explicacións materialistas pola concepción teísta de que a natureza e os seres humanos son creados por Deus". Segundo P. E. Johnson, citado máis arriba, el mesmo catalizou en 1992 a formación do grupo e os trazos da estratexia á que se refire o documento. Deste núcleo orixinal formaban parte, canda a Johnson:
- Stephen Meyer, filósofo da ciencia e teólogo, que agora é vicepresidente do Centro.
- Michael Behe, bioquímico e o único membro prominente cunha actividade significativa de investigación científica.
- William Dembski, o seu principal portavoz. Matemático de formación, é o responsábel dos maiores esforzos por desenvolver de maneira críbel o argumento da improbabilidade da explicación naturalista.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.