software de mensaxería instantánea e voz IP From Wikipedia, the free encyclopedia
Discord é unha plataforma social de mensaxería instantánea e VoIP que permite a comunicación mediante chamadas de voz, videochamadas, mensaxes de texto e a compartición de ficheiros. A comunicación pode ser privada, por mensaxes directas, ou realizarse en comunidades virtuais chamadas "servidores". Un servidor é unha colección de salas de chat e canles de voz ás que se pode acceder mediante ligazóns de invitación. Moitos servidores fan uso de bots que amplían as funcionalidades do servidor ou axudan coa moderación.
Discord | |
---|---|
Logo de Discord | |
Desenvolvedor(es) | Discord Inc. |
Publicación inicial | 13 de maio de 2015 |
Escrito en | |
Sistema operativo | Windows, macOS, Linux, iOS, iPadOS, Android, navegador web |
Lingua/s | Inglés (USA/UK), búlgaro, chinés (simplificado/tradicional), croata, checo, dinamarqués, neerlandés, finés, francés, alemán, grego, hindi, húngaro, italiano, xaponés, coreano, lituano, noruegués, polaco, portugués (Brasil), romanés, ruso, español, sueco, tailandés, turco, ucraíno e vietnamita Galego: Non |
Tipo | VoIP, mensaxería instantánea, videoconferencias, distribución dixital e rede social |
Licenza | Proprietario[7] |
Sitio web | discord |
Discord funciona en Windows, macOS, Android, iOS, iPadOS, Linux e en navegadores web. A partir de 2021, o servizo conta con máis de 350 millóns de usuarios rexistrados[8] e máis de 150 millóns de usuarios activos mensuais. Inda que inicialmente comezou como unha rede para xogadores de videoxogos foise abrindo a outras comunidades, artísticas, políticas, empresariais, etc.[9] En setembro de 2023, Discord era o 35º sitio web máis visitado do mundo.[10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.