![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Testina_Di_Lettura.jpg/640px-Testina_Di_Lettura.jpg&w=640&q=50)
Disco de vinilo
medio de almacenamento de son analóxico de vinilo en forma de disco / From Wikipedia, the free encyclopedia
O disco de vinilo,[1] tamén coñecido como disco microsurco ou simplemente como microsurco ou vinilo, é un medio de almacenamento analóxico de sinais sonoras, caracterizado por utilizar como material de soporte un plástico denominado policloruro de vinilo, do que recibe o nome.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Testina_Di_Lettura.jpg/640px-Testina_Di_Lettura.jpg)
Foi introducido oficialmente en 1948 pola compañía Columbia Records nos Estados Unidos,[2] como unha evolución moi mellorada dos anteriores discos de 78 rpm (fabricados cun material moito máis fráxil como a goma laca).
Actualmente o termo vinilo adoita utilizarse para indicar en particular o formato LP (discos de 30 cm xirando a 33⅓ revolucións por minuto), aínda que este uso sexa inadecuado, xa que tamén discos fabricados con outros materiais explotan o mesmo formato como soporte.
O son dun disco reprodúcese mediante un tocadiscos (polo xeral, conectado a un amplificador), que permiten utilizar discos de diferentes diámetros e elixir a velocidade de rotación mediante un selector.