Plástico
material dunha amplia gama de sólidos orgánicos sintéticos ou semisintéticos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un plástico é un material polimérico. O termo vén do grego πλαστικός (plastikos), "apto para moldaxe", de πλαστός (plastos) "moldeado" [1][2]. Isto refírese á súa plasticidade durante o procesado, que permite o uso dunha gran cantidade de métodos de conformado, porén moitos plásticos xa procesados non presentan comportamento plástico (isto é, rompen sen se deformaren previamente).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Plástico (homónimos).
O primeiro plástico coñecido é a baquelita, comercializada por Leo Hendrik Baekeland en 1909.
O día 3 de xullo celébrase o Día Internacional libre de Bolsas de Plástico [3], co obxectivo de reducir o uso de bolsas de plástico, especialmente as dun só uso.