Dinastía rubénida
dinastía armenia de Cilicia From Wikipedia, the free encyclopedia
dinastía armenia de Cilicia From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía rubénida (en armenio: Ռուբինեաններ) ou roupénida foi unha dinastía armenia que dominou partes de Cilicia, e que crearon o Reino Armenio de Cilicia, Pequena Armenia ou Armenia Menor.[1] A dinastía tomou o nome do seu fundador, o príncipe armenio Rubén I.[2] Os rubénidas foron baróns e príncipes, máis tarde reis, de Cilicia dende arredor de 1080 até que foron substituídos polos hetumíes ou hetumidas a mediados do século XIII.
Dinastía rubénida | |
---|---|
Tipo | familia nobre |
Fundador(es) | Rubén I de Armenia |
País | Reino Armenio de Cilicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A dinastía rubénida estableceuse en Cilicia, despois da conquista de Armenia polos selxúcidas. Daquela, o bisneto de Rubén, Thoros ou Teodoro, foi nomeado polo emperador bizantino, gobernador dunha parte da rexión de Cilicia. Thoros ampliou o seu territorio e declarouse gobernante do reino armenio de Cilicia en 1080. Os rubénidas continuaron gobernando Cilicia, convertida en reino no 1198, durante máis dun século, con varios membros da dinastía relevándose no trono. Porén, a dinastía estinguiuse en 1222 e o trono pasou á dinastía hetumida.
Baixo os rubénidas, o reino armenio de Cilicia floreceu cultural e economicamente, atraendo unha relevante escena artística e literaria. Os gobernantes rubénidas tamén mantiveron estreitos lazos países europeao e cos cruzados, quen recoñeceron a Cilicia como a aliada cristiá na rexión. Tivo un papel moi importante durante as Cruzadas,[1] pois proporcionaron aos exércitos cristiáns un refuxio e provisións no seu camiño cara a Xerusalén. Igualmente, os matrimonios mixtos con familias cruzadas europeas foron comúns e a influencia relixiosa, política e cultural europea foi tamén moi forte.
Porén, o reino armenio de Cilicia, finalmente, caeu en mans do sultanato mameluco en 1375.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.