Dies irae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dies Irae ("Día da ira") é un famoso himno latino do século XIII atribuído ao franciscano Tommaso da Celano (1200-1260), amigo e biógrafo de Francisco de Asís. Tamén se consideraron como posibles autores o papa Gregorio Magno, Bernaldo de Claraval ou os frades dominicos Umbertus e Frangipani. Adoita considerarse o mellor poema en latín medieval, e difire do latín clásico tanto pola súa acentuación (non cuantitativa) como polas súas liñas en rima. O metro é trocaico. O poema describe o día do xuízo, coa última trompeta chamando os mortos perante o trono divino, onde os elixidos se salvarán e os condenados serán guindados ás chamas eternas do inferno.[1]
Este himno usouse como secuencia na Misa de Réquiem do rito romano até 1970, pero non aparece no Misal Romano de 1970.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c9/Dies_irae.gif)