![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Dore_woodcut_Divine_Comedy_01.jpg/640px-Dore_woodcut_Divine_Comedy_01.jpg&w=640&q=50)
Inferno
segundo o cristianismo, lugar onde as almas dos condenados recibirán castigo eterno / From Wikipedia, the free encyclopedia
O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Dore_woodcut_Divine_Comedy_01.jpg/640px-Dore_woodcut_Divine_Comedy_01.jpg)
Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.
Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.
O xardín das delicias de Hieronymus Bosch adopta unha representación tríptica do dualismo entre a harmonía do ben e a anarquía, desorde e caos do mal.