Die Walküre
ópera de Richard Wagner / From Wikipedia, the free encyclopedia
Die Walküre (en galego A Valquiria) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a segunda das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo), sendo a ópera do ciclo máis representada, mesmo separada do ciclo completo. O fragmento máis coñecido da ópera é o «Walkürenritt o Ritt der Walküren» («Cabalgada das valquirias»), introdución ao terceiro e último acto describindo ás guerreiras semideusas. A ópera foi estreada illada no Königliches Hof-und Nationaltheater de München o 26 de xuño de 1870, e non foi ata seis anos despois, o 14 de agosto de 1876, cando se representou dentro do ciclo completo.
Brunilda na rocha, portada artística da partitura vocal de Schott (1899). | |
Forma | Drama musical |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Richard Wagner |
Fontes literarias | O poema anónimo medieval Das Nibelungenlied e a escandinava Volsunga Saga |
Estrea | 26 de xuño de 1870 |
Teatro da estrea | Königliches Hof-und Nationaltheater |
Lugar da estrea | München |
Duración | 4 horas |
Música | |
Compositor | Richard Wagner |
Personaxes | |
|
Wagner inspirouse na mitoloxía nórdica ao escribir esta obra, especificamente na Saga Volsunga e na Edda poética.[2][3] Na versión simplificada do compositor, as valquirias son as fillas do deus Wotan e a nai terra, a deusa Erda, concibidas como doncellas guerreiras para defender o Olimpo xermánico, o Valhall, do asexo dos Nibelungos e recoller as almas dos heroes mortos en batalla para levalos ao seu descanso eterno no Valhall.