From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, os deuses olímpicos son as deidades maiores do pantéon grego, entrando nesta consideración Zeus, Hera, Poseidón, Deméter, Atenea, Apolo, Ártemis, Ares, Afrodita, Hefesto, Hermes e Hestia e Dioniso.[2] Eventualmente, Hades, Perséfone, Heracles ou Asclepio foron considerados como membros dos deuses olímpicos (principalmente debido á influencia dos Misterios eleusinos), mais Hades foi excluído porque residía no inframundo e nunca visitou o Monte Olimpo.
Os doce olímpicos, tamén coñecidos como Dodekatheon (grego: Δωδεκάθεον,δώδεκα, dōdeka, "doce"+ θεοί, theoi, "deuses"), eran as principais deidades que residían no mítico Monte Olimpo. Os olímpicos acadaron a vitoria na Titanomaquia, a guerra na que Zeus liderou ós seus irmás cara a vitoria sobre os titáns.
Nome grego | Nome romano | Imaxe | Funcións e atributos |
---|---|---|---|
Zeus | Xúpiter | Rei dos deuses e gobernante do Monte Olimpo; deus do ceo e do trono. É o fillo máis novo dos Titáns Cronos e Rea. É irmán e marido de Hera, mais tivo moitas outras amantes. Irmán de Poseidón e Hades. Os seus símbolos son o raio, a aguia, o carballo, a maza e a báscula. | |
Hera | Xuno | Raíña dos deuses e protectora do matrimonio e a familia. Os seus símbolos son o pavón, a granada, a coroa, o cuco, o león e a vaca. Filla máis nova de Cronos e Rea. Irmá e muller de Zeus. Sendo a deusa do matrimonio, frecuentemente intentou vingarse das amantes de Zeus e dos seus fillos. | |
Poseidón | Neptuno | Deus dos mares, os terremotos e os maremotos. Os seus símbolos son o cabalo, o touro, o golfiño e o tridente. Fillo mediano de Cronos e Rea. Irmán de Zeus e Hades. Casado coa nereida Anfitrite, mais tivo tamén outras amantes. | |
Deméter | Ceres | Deusa da fertilidade , a agricultura, a natureza e as estacións. Os seus símbolos son a papoula, o trigo, o facho e o porco. Filla mediana de Cronos e Rea. | |
Atenea | Minerva | Deusa da sabedoría, a artesanía, a defensa e a guerra estratéxica. Os seus símbolos son o bufo e a oliveira. Filla de Zeus e da oceánide Metis, xurdiu da testa do seu pai sendo adulta e coa armadura de batalla posta. | |
Apolo | Apolo (ou Febo) | Deus da luz, o coñecemente, a curación, as pragas e a escuridade, as artes, a música, a poesía, a profecía, a arquería, o sol, a xuventude e a beleza. Fillo de Zeus e Leto e irmán xemelgo de Ártemis. Os seus símbolos son o sol, a lira, o arco e frecha, o corvo, o golfiño, o lobo, o cisne e o rato. | |
Ártemis | Diana | Deusa da caza, a virxindade, a infancia, a arquería, a lúa e os animais. Os seus símbolos son a lúa, o cervo, o can de caza, a osa, a cobra, o ciprés e o arco coa frecha. Filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo. | |
Ares | Marte | Deus da guerra, a violencia e o derramamento de sangue. Os seus símbolos son o xabaril, a cobra, o can, o voitre, a lanza e o escudo. Fillo de Zeus e Hera, tódolos outros deuses (agás Afrodita) desprézano. | |
Afrodita | Venus | Deusa do amor, a beleza e o desexo. Os seus símbolos son a pomba, o paxaro, a mazá, a abella, o cisne, o mirto e a rosa. Filla de Zeus e a oceánide Dione, ou tamén nada do mar produto do seme de Urano que foi castrado polo seu fillo máis novo, Cronos, quen guindou os xenitais do seu pai ó mar. Casada con Hefesto, tivo numerosos amantes, entre eles Ares. | |
Hefesto | Vulcano | Mestre ferreiro e artesán dos deuses; deus do lume e da forxa. Os seus símbolos son o lume, a bigornia, a machada, o burro, o martelo, as tenaces e o paspallás. Fillo de Hera e casado con Afrodita. | |
Hermes | Mercurio | Mensaxeiro dos deuses; deus do comercio, dos ladróns e os xogos. Os seus símbolos son o caduceo (bastón con dúas cobras), as sandalias e a gorra aladas, a cegoña e a tartaruga. Fillo de Zeus e da ninfa Maia. | |
Hestia | Vesta | Deusa do corazón e da familia; foi unha das deusas da primeira xeración de olímpicos, ata que lle cedeu o seu trono a Dioniso para manter a paz, o que a converteu na máis xenerosa e xentil dos deuses. É a primeira dos fillos de Cronos e Rea, irmá máis vella de Hades, Deméter, Poseidón, Hera e Zeus. | |
Dioniso | Baco | Deus do viño, as celebracións e a éxtase. Deus patrón da arte do teatro. Os seus símbolos son as uvas, a hedra, o vaso, o tigre, o leopardo, o golfiño, a cabra e a piña. Fillo de Zeus e da princesa de Tebas Sémele. Casado coa princesa de Creta Ariadna. |
Os seguintes deuses e deusas son ás veces incluídos como un dos doce olímpicos.
Nome grego | Nome romano | Imaxe | Funcións e atributos |
---|---|---|---|
Hades | Plutón (tamén Orcus ou Dis Pater) | Deus do Inframundo, a morte e as riquezas baixo a terra; naceu na primeira xeración de olímpicos, sendo o irmán máis vello de Zeus e Poseidón, e irmán máis novo de Hestia. Como vive no Inframundo e non no Monte Olimpo, non é incluído entre os doce olímpicos. | |
Heracles | Hércules | Un heroe divino, fillo de Zeus e Alcmena, fillo adoptivo de Ampfitrión e bisneto de Perseo. Foi o máis grande dos heroes gregos, o parangón da masculinidade e campión dos olímpicos contra os titáns. | |
Perséfone | Proserpina | Raíña do Inframundo e filla de Deméter e Zeus. Tamén é deusa da primavera. Converteuse na consorte de Hades, o deus do Inframundo, cando foi secuestrada por el. | |
Asclepio | Esculapio | Deus da medicina. Representa o aspecto da curación das artes médicas; as súas fillas son Hygieia ("Saúde"), Iaso ("Medicina"), Aceso ("Curación"), Aglæa/Ægle ("resplandor saudable") e Panacea ("remedio universal"). É fillo de Apolo e Coronis. | |
Eros | Cupido | Deus do amor sexual e da beleza. Tamén foi adorado como deidade da fertilidade. Fillo de Afrodita e Ares. É representado portando unha lira ou cun arco e frechas. Tamén é acompañado por golfiños, rosas e fachos. | |
Hebe | Iuventas | Filla de Zeus e Hera. Hebe era a copeira dos deuses do Monte Olimpo, servindo o néctar e a ambrosía, ata que casou con Heracles. | |
Pan | Fauno ou Silvano | Deus da natureza, o salvaxe, os pastores e os rabaños, as montañas, a caza, o bosque e a música rústica. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.