O descordo[1] é un subxénero da lírica, consistente nunha composición caracterizada polas discordancias formais.

Thumb
Raimbaut de Vaqueiras compuxo un descordo plurilingüe, usando o galego-portugués, entre outras linguas.

Exemplos

Un descordo espectacular é o descordo do trobador Raimbaut de Vaqueiras, titulado Eras quan vey verdeyar, no cal o 'desacordo' xorde nas linguas: a primeira cobra está escrita en provenzal, a segunda en italiano, a terceira en francés, a cuarta en gascón e a quinta en galego-portugués, e ademais estas linguas reaparecen en dous versos dos dez que constitúen a última[2].

O único descordo coñecido en lingua galegao-portuguesa é "Agora me quer’eu ja espedir", de Nuno Eanes Cerzeo, con tres partes diferenciadas. Dunha banda catro estrofas de hendecasílabos, de cinco versos a primeira e seis as outras tres; doutra banda nove estrofas a modo de codia con finda, á súa vez con dúas partes distinguidas. No último verso emprega a metaliteratura, ao expresar o xénero da peza coa frase "e meu discord' acabarei".[3].

Un exemplo contemporáneo deste xénero é o "Mester de vixilia", de Arcadio López-Casanova.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.