From Wikipedia, the free encyclopedia
Un desaparafusador[1] é unha ferramenta que se utiliza para apertar e afrouxar parafusos e outros elementos de máquinas que requiren pouca forza de apertado e que xeralmente son de diámetro pequeno.
Os desaparafusadores documentados máis antigos foron utilizados en Europa na Idade Media. Foron inventados no século XV, en Alemaña ou Francia. Os nomes orixinais da ferramenta en alemán e francés foron schraubendreher e tournevis, respectivamente. A primeira documentación coñecida da ferramenta atópase no Housebook of Wolfegg Castle, un manuscrito medieval escrito entre 1475 e 1490.[2]
En 1933, Oregonian J.P. Thompson inventou un "parafuso encaixado cruciforme", pero non atopou promotores para a súa proposta. A súa invención languideceu ata que o enxeñeiro Henry Phillips, a quen lle gustou a idea, comprou os dereitos de patente para o deseño de Thompson.[3] Phillips recoñeceu as vantaxes da forma de cruz ou estrela encaixada da cabeza do parafuso: o desaparafusador encaixaba na cabeza destes parafusos mellor que cun desaparafusador de cabeza plana e un parafuso rañurado; tamén permitía máis forza de torsión con menos esforzo.
O desaparafusador eléctrico está provisto dun motor, que pode estar no interior do mango. A punta do desaparafusador adoita ser intercambiable e levar accesorios para empregalo con porcas. Estes desaparafusadores diminúen o tempo de traballo e poden previr lesións no pulso.[4]
Un desaparafusador consta normalmente de tres partes ben diferenciadas:
Os desaparafusadores de precisión son de reducido tamaño e teñen no extremo do mango un plano xiratorio para facilitar o seu manexo cunha soa man. Son empregados en actividades tales como a reloxaría ou outras que requiren traballar con parafusos pequenos como poden ser a electrónica ou o mantemento xeral dos equipos.
Un buscapolos é un desaparafusador cunha lámpada de alta reactancia integrada no seu mango para comprobar que un condutor está conectado a unha fase da rede de corrente alterna.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.