![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Philippine_flying_lemur_at_the_python_sanctuary%252C_Santa_Fe_Albuquerque.jpg/640px-Philippine_flying_lemur_at_the_python_sanctuary%252C_Santa_Fe_Albuquerque.jpg&w=640&q=50)
Dermópteros
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos dermópteros (Dermoptera) é unha orde de mamíferos placentarios que comprende unha soa familia, a dos cinocefálidos (Cynocephalidae),[1] que só alberga dous xéneros con cadansúa especie actual,[2] propias do sueste asiático, coñecidas na bibliografía internacional como cinocéfalos, colugos, galeopitecos e lémures voadores.
Dermópteros Dermoptera Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cynocephalus volans | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||||||
Aínda que en ocasións se lles chama lémures voadores, os dermópteros non son primates. Modernos estudos do ADN destes animais realizados na Universidade de Texas, EE. UU., revelaron que os primates e os dermópteros tiveron un antepasado común hai uns 80 millóns de anos, durante o cretáceo.[3]
Son animais arborícolas que se alimentan de froitos e follas, e que posúen unha membrana cutánea ou pataxio, que une o colo, as extremidades e a cola, que lles permite facer voos planados.