parte do corpo que une a cabeza co tronco From Wikipedia, the free encyclopedia
En anatomía, o pescozo ou colo é a parte máis estreita do corpo que une a testa co tronco na maioría dos animais vertebrados.
O pescozo aparece por primeira vez no rexistro fósil nos primeiros animais que desenvolveron patas para desprazarse por terra, no período cámbrico da era paleozoica, en protoanfibios.
O primeiro animal con pescozo do que se ten coñecemento é o Tiktaalik roseae, que viviu hai 383 millóns de anos en ambientes continentais de lagoas e ríos. Cun corpo alongado e un fociño máis alongado có dos peixes, posuía aletas con ombreiros, cóbados e pulso. A súa descrición foi publicada o 6 de abril de 2006 por Edward Daeschler, da Academia de Ciencias Naturais dos Estados Unidos e Neil Shubin, da Universidade de Chicago, na revista científica Nature.
Conformación exterior
A forma é cilindroide, coa súa circunferencia inferior máis ampla. A lonxitude está determinada pola superposición das sete primeiras vértebras (columna vertebral cervical). A anchura (grosor) está determinada polo desenvolvemento das masas musculares e polos depósitos do tecido celular graxo.
Límites do pescozo
Límite superior: é o bordo inferior da mandíbula onde se atopa a glándula submaxilar, os ganglios submentonianos e submandibulares, vea e arteria facial, fascia intermaxiloparotídea e músculos estilohioide, digástrico e porción máis superior do esternocleidomastoideo. O límite superior do pescozo correspondería a unha liña imaxinaria que iría desde o queixo por diante ata a protuberancia occipital externa por detrás. No seu percorrido atoparía aos lados, o ángulo da mandíbula e a apófise mastoide do óso temporal detrás da orella.
Límite posterior: é a confluencia dos músculos esternocleidomastoideo, esplenio da cabeza e elevador da escápula. O punto de Erb é o lugar onde aparece o nervio auricular maior no pescozo.
Desde o punto de Erb cara a abaixo fórmase o triángulo supraclavicular, que ten como límites:
Límite inferior: está formado pola cara superior da clavícula, unha liña que se proxecta ata a articulación acromioclavicular, e outra que une a do outro lado coa apofise espiñenta da sétima vértebra cervical.
Límite anterior: está formado pola confluencia da fascia común ou liña branca infrahioide e a dos músculos prelarínxeos.
Órganos internos do pescozo
Podemos distinguir nun corte axial ou horizontal do pescozo:
Músculos do pescozo: pódense apreciar tres rexións
Rexión lateral do pescozo: músculo cutáneo do pescozo ou platisma, músculo esternocleidomastoideo, músculos escalenos (anterior, medio e posterior), músculo recto lateral da testa.
Rexión anterior ou hioide: divídense en suprahioides e infrahioides. Para máis información véxase hioide.
A fascia cervical superficial, que rodea todo o pescozo exteriormente, por baixo da pel, envolvendo o esternocleidomastoideo, o músculo trapecio e a vea xugular externa.
A fascia cervical media, que rodea os músculos infrahioides por diante, o espazo vascular carotídeo co seu contido (arterias carótides, vea xugular interna, e nervio pneumogástrico) e as vísceras do pescozo (traquea, esófago e glándula tiroide).
A fascia cervical profunda, que envolve a musculatura prevertebral e paravertebral e músculos escalenos.
Rexións ganglionares do pescozo
Nivel I: ganglios submandibulares.
Nivel II: ganglios subdigástricos ou xugulares altos.
Nivel III: ganglios xugulares medios.
Nivel IV: ganglios xugulares baixos ou supraclaviculares.
Nivel V: ganglios espiñales ou cervicais posteriores.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.