![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/48/Follas_novas_1880_Rosal%25C3%25ADa_Castro_de_Murgu%25C3%25ADa.pdf/page1-640px-Follas_novas_1880_Rosal%25C3%25ADa_Castro_de_Murgu%25C3%25ADa.pdf.jpg&w=640&q=50)
Dereito de autoría
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os dereitos de autoría (do francés droit d'auteur) é un conxunto de normas e principios que regulan os dereitos morais e patrimoniais que a lei concede ás persoas autoras, polo só feito da creación dunha obra literaria, artística ou científica, tanto publicada ou que aínda non se publicou.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2007.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/48/Follas_novas_1880_Rosal%C3%ADa_Castro_de_Murgu%C3%ADa.pdf/page1-640px-Follas_novas_1880_Rosal%C3%ADa_Castro_de_Murgu%C3%ADa.pdf.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Copyright.svg/110px-Copyright.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Copyleft.svg/320px-Copyleft.svg.png)
Son unha forma de protección proporcionada polas leis vixentes na maioría dos países ás persoas autoras, creadoras, tradutoras, investigadoras ou artistas de obras orixinais, ben sexan literarias, dramáticas, musicais, artísticas e intelectuais.
No dereito anglosaxón utilízase a noción de copyright (símbolo ©, traducido literalmente como dereito de copia) que, polo xeral, comprende a parte patrimonial dos dereitos de autoría.
Unha obra pasa ao dominio público cando os dereitos patrimoniais expiraron. Isto sucede habitualmente transcorrido un prazo desde a morte da persoa autora (post mortem auctoris). Por exemplo, no dereito europeo, 70 anos desde a morte. Dita obra entón pode ser utilizada en forma libre, respectando os dereitos morais.