Departamento de Artigas
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O departamento de Artigas é un dos dezanove departamentos nos que se divide administrativamente o territorio do Uruguai. A súa capital é a cidade de Artigas.
Artigas (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Uruguai | ||||
Capital | Artigas | ||||
Contén a división administrativa | Municipality of Baltasar Brum (en) (2010–) Municipality of Bella Union (en) Municipality of Tomas Gomensoro (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 73.378 (2011) (6,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 11.928 km² | ||||
Altitude | 100 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de outubro de 1884 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | UY-AR | ||||
Áchase no norte do estado, limitando polo norte e leste co Brasil, do cal está separado polo Río Cuareim; polo sur, co departamento de Salto e polo oeste coa República Arxentina, co río Uruguai no medio. No seu vértice noroeste atópase a cidade de Bella Unión, que recibe ese nome debido a que se encontra na fronteira co Brasil e a Arxentina.
No seu solo aflora case exclusivamente o basalto, parte do gran manto volcánico que cobre 800.000 km² na conca dos ríos Paraná e Uruguai. A cuchilla de Belén recorre o departamento de leste a oeste, dividindo as choivas e levando as súas augas cara ao río Cuareim, ao norte, e cara ao río Arapey Chico, ao sur.
A paisaxe dá lugar a pequenas quebradas que albergan cursos de augas. Cara ao río Cuareim flúen longos arroios, como o Cuaró, o Tres Cruces, o Yacutujá e o Catalán.
Característica salientábel do departamento de Artigas é a súa toponimia de orixe guaraní. Ríos, arroios, cerros, flora e fauna conservan as voces dos antigos poboadores.[1]
O Departamento de Artigas está gobernado pola Intendencia Municipal de Artigas.
Historicamente foi un departamento con neto predominio colorado. Nas eleccións de 1958, amplamente gañadas polo Partido Nacional, o único departamento que mantivo unha Intendencia colorada foi Artigas. Mais a crise económica do 2002 afundiu ao Partido Colorado e fixo que por primeira vez Artigas tivese un intendente branco: Julio Silveira.
Os recursos naturais determinan tres actividades. Na maior parte explótase a gandaría extensiva, con bovinos e ovinos, e produtos de granxa. Nas pradeiras pardas, negras e areosas próximas a Salto predomina a actividade agrícola, en especial o cultivo de arroz, trigo, millo e cítricos. Ao sur da capital de Artigas, predominan a explotación de arenitas de Tacuarembó e do basalto. Esa zona ten unha explotación agrícola de baixo rendemento económico. Tamén existe unha explotación mineira, sen gran desenvolvemento, de pedras semipreciosas —principalmente ágatas e ametistas— na conca dos arroios Seco, Tres Cruces e Cuaró e nas ladeiras de Yacaré, Cururú, Belén e Catalán. A actividade industrial caracterízase polo tallado de pedras semipreciosas, elaboración de curtidos, o enxeño azucreiro, a industria madeireira e o conxelado de froitas e verduras.
Entre os seus atractivos turísticos conta co parque sobre o río Cuareim e a Barra en Bella Unión.
(Vilas ou cidades cunha poboación de 1.000 ou máis persoas - datos do censo do 2004.[2])
Cidade/Pobo | Poboación |
---|---|
Artigas | 41.687 |
Bella Unión | 13.187 |
Tomás Gomensoro | 2.818 |
Baltasar Brum | 2.472 |
Las Piedras | 2.472 |
Pintadito | 1.487 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.