From Wikipedia, the free encyclopedia
O denar[1] (en macedonio: денар, transcrito denar) é a divisa oficial da Macedonia do Norte. Subdivídese en 100 дени (deni). O código ISO 4217 es MKD e a súa abreviatura común Ден (Den).
Denar macedonio | |
---|---|
Македонски денар en macedonio | |
Código: | MKD |
Ámbito: | Macedonia do Norte |
Símbolo: | Ден. |
Fracción: | 100 deni |
Moedas: | 50 deni 1, 2, 5, 10, 50 MKD |
Billetes: | 10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 MKD |
Emisor: | Banco Nacional de Macedonia do Norte |
Taxa de troco: 24-11-09 | 1 EUR = 62,01842 MKD 1 USD = 41,51818 MKD |
O goberno macedonio decidiu recuperar para a nova unidade monetaria do país o nome dunha moeda histórica macedonia. O dinar (nome derivado do denario romano) era o nome que recibiron un bo número de moedas dende a Idade Media, como os antigos dinares macedonio, húngaro ou croata.
A moeda introduciuse o 26 de abril de 1992 e naquela época era equivalente ao dinar convertible iugoslavo (YUN). O 5 de maio de 1993 reformouse a moeda, e un novo dinar (MKD) equivalía a 100 dos antigos (MKN). É emitida polo Banco Nacional de Macedonia do Norte (en macedonio: Народна банка на Република Македонија/Narodna Banka na Republika Makedonija).
As moedas que se atopan en circulación corresponden aos valores seguintes:
Os billetes en circulación oficial (serie de 1996) descríbense a continuación:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.