Delfínidos
familia de mamíferos cetáceos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Delfínidos (Delphinidae) é unha familia de mamíferos cetáceos odontocetos que inclúe aos golfiños ou delfíns, canda outras especies como os arroaces, as toniñas, os caldeiróns ou a candorca.
Delfínidos Delphinidae Golfiños oceánicos Rango fósil: oligoceno superior - actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Manda de arroaces do Indopacífico no mar Vermello | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Na bibliografía internacional coñécense como golfiños oceánicos, para distinguilos dos golfiños de auga doce, que pertencen a outras familias (aínda que algúns delfínidos tamén poden vivir en estuarios e ríos).
De entre 2 e 9 m de lonxitude, o seu corpo é fusiforme, coa cabeza grande, cun fociño alongado, e só posúen un espiráculo (como todos os odontocetos).
Están entre as especies máis intelixentes que habitan o planeta. Como outros cetáceos, os golfiños utilizan os sons, a danza e o salto para comunicárense entre eles, para orientárense e para conseguiren as súas presas (aínda que para esta última función válense sobre todo do seu sistema de ecolocalización.
Son carnívoros estritos, e cada día consomen unha cantidade de alimento equivalente a un terzo do seu peso. Aliméntanse basicamente de peixes e luras e outros cefalópodos, que atrapan cos seus dentes cónicos. Tamén comen crustáceos como camaróns, gambas e cangrexos.
Moitas especies vistan as costas e frecuentemente interactúan cos seres humanos. Hoxe en día as principais ameazas ás que están expostos son de natureza antrópica.