![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Common_dolphin_noaa.jpg/640px-Common_dolphin_noaa.jpg&w=640&q=50)
Delfinoideos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos delfinoideos (Delphinoidea) é unha superfamilia de cetáceos que constitúe o grupo máis grande dos odontocetos, con 66 xéneros distribuídos en 6 familias.
Delfinoideos Delphinoidea Rango fósil: oligoceno - presente | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Golfiños comúns | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/37/Killerwhales_jumping.jpg/640px-Killerwhales_jumping.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e1/Commdolph01.jpg/320px-Commdolph01.jpg)
A superfamilia foi instituída en 1865 por William Henry Flower, e foi considerada como monofilética por Geisler et al. en 2011.[1]
E aínda que non é recoñecida como tal superfamilia por todos os cetólogos, si foi admitida, entre outros, por de Muizon (1988), Dawson (1996), Fordyce e de Muizon (2001), Kazar et al. (2004), Uhen et al. (2008), Geisler et al. (2011),[1] e Bianucci et al. (2011).[2]
Comprende a todos os cetáceos denominados golfiños lato sensu, é dicir, ademais dos golfiños propiamente ditos, outras especies semellantes como os arroaces, as toniñas, os caldeiróns ou a candorca.
Esta última é o membro máis grande existente da superfamilia, que pode alcanzar até 9,5 m de lonxitude (os machos) e pesar até 6 t (as femias son menores), e que ten a maior aleta dorsal do Reino animal (pode medir até 1,8 m de altura), mentres que Cephalorhynchus commersonii, coñecido na bibliografía internacional como golfiño de Commerson, que vive no mar austral suramericano, cos seus 145 cm de lonxitude e entre os 40–50 kg de peso, é non só o golfiño, senón o cetáceo máis pequeno existente no mudo.