enfermeira estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Della Hayden Raney, nada en Suffolk, Virxinia o 10 de xaneiro de 1912 e finada en Detroit o 23 de outubro de 1987, foi unha enfermeira estadounidense do Corpo de Enfermeiras do Exército dos Estados Unidos de América. Foi a primeira enfermeira afroamericana en presentarse ao servizo na segunda guerra mundial e a primeira en ser nomeada enfermeira xefa.[1] En 1944, converteuse na primeira enfermeira afroamericana afiliada ao Corpo Aéreo do Exército ascendida a capitá, e logo a comandante en 1946.[2] Retirouse do Exército en 1978.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1912 Suffolk, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 23 de novembro de 1987 (75 anos) Detroit, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington |
Educación | Lincoln Hospital (en) |
Actividade | |
Ocupación | enfermeira militar (1941–1978) |
Período de actividade | 1937 - 1978 |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Rango militar | major (en) Comandante |
Conflito | segunda guerra mundial |
Premios | |
Della H. Raney naceu o 10 de xaneiro de 1912, en Suffolk, no estado de Virxinia.[3] En 1937, gradouse da Escola de Enfermaría do Hospital de Lincoln.[4] Nesta última cidade, traballou como supervisora de operacións e antes de alistarse no exército tamén traballou no Hospital Comunitario de Norfolk, en Virxinia, e no K.B. Hospital Reynolds en Winston-Salem.[1]
En abril de 1941, presentouse ao servizo e foi a primeira enfermeira afroamericana en servir no Corpo de Enfermeiras do Exército durante a segunda guerra mundial.[1][5] Foi comisionada como subtenente e estivo asignada por primeira vez en Fort Bragg, onde traballou como supervisora de enfermaría.[5] O ano seguinte foi transferida ao hospital de campo da Base Aérea do Exército en Tuskegee,[5] onde traballou como enfermeira xefa e en 1944 foi ascendida a capitá.[1] Ese mesmo ano, foi transferida a Forte Huachuca.[2] Nese momento, ela era a única muller afroamericana en obter ese rango e en traballar para as Forzas Aéreas do Exército.[1] En 1946, estaba de licenza terminal (a última licenza concedida a un membro das forzas armadas inmediatamente antes da súa baixa, igual en duración á licenza acumulada non utilizada,[6] do Camp Beale, onde traballaba como enfermeira xefa.[7] Tamén foi ascendida ao rango de comandante ese mesmo ano,[2] o que a converteu na primeira enfermeira afroamericana en obter o rango de comandante no Exército.[8] Na década de 1950, estivo estacionada no Hospital Médico Percy Jones do Exército.[8] Raney serviu no exército até a súa xubilación en 1978.[2]
En 1978, os aviadores de Tuskegee honrárona polo seu servizo.[2] Os seus compañeiros chamábana «Maw Raney».[5] Morreu o 23 de outubro de 1987.[2] En 2012, os aviadores de Tuskegee e a Asociación Nacional de Enfermeiras Negras crearon unha bolsa que leva o seu nome.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.