Dayron Robles
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dayron Robles, nado en Guantánamo o 19 de novembro de 1986, é un atleta cubano especializado nos 110 metros valados.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1986 ![]() Guantánamo, Cuba ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Cuba ![]() |
Altura | 191 cm ![]() |
Peso | 89 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | barreirista (pt) ![]() ![]() |
Período de actividade | 2006 ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Disciplina deportiva | 110 metros valados ![]() |
Adestrador | Santiago Antúnez ![]() |
Participou en | |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) ![]() |
2012 | Atletismo masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 |
2008 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Ouro | Pequín 2008 | 110 metros valados |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/Robles_Birmingham_indoor_2010.jpg/640px-Robles_Birmingham_indoor_2010.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/RoblesBeijing.jpg/320px-RoblesBeijing.jpg)
Dayron Robles é un atleta especializado nas carreiras de valados, de 1.92 m e 80 kg de peso[1]. Empezou a destacar a nivel internacional cando se proclamou en 2006 subcampión do mundo en pista cuberta en Moscova, sobre a distancia curta de 60 metros valados. Dous anos despois, nos mundiais de 2008 de pista cuberta, foi descualificado logo de frearse despois de botarse a correr ao coidar que fixera unha saída nula e non superar os valados.[2]
O 12 de xuño de 2008 conseguiu o récord do mundo de 110 metros valados ao rexistrar 12"87, cun vento favorábel de 0.9 m/s.[3] A carreira disputouse no marco dunha proba internacional en Ostrava (República Checa). O anterior posuidor do récord do mundo era o chinés Liu Xiang que atesouraba 12"88, tres centésimas máis.