From Wikipedia, the free encyclopedia
Liu Xiang (chinés tradicional: 劉向; chinés simplificado: 刘向; pinyin: Liú Xiàng; Wade-Giles: Liu2 Hsiang4; 77-6 a.C.), nado como Liu Gengsheng (刘更生, Liú Gēngshēng), nome de cortesía Zizheng (子政, Zǐ Zhèng), foi un astrónomo, historiador, poeta, político, bibliotecario e escritor chinés do período Han do Oeste.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 77 a. C. Pei County (Dinastía Han) |
Morte | 6 a. C. (70/71 anos) |
Relixión | Confucianismo |
Actividade | |
Ocupación | poeta, astrónomo, político, escritor, historiador, filósofo, bibliotecario |
Familia | |
Familia | House of Liu (en) |
Fillos | Liu Xin |
Pai | Liu De |
Irmáns | Liu Anmin |
Descrito pola fonte | Livro de Hã (pt) |
Liu Xiang naceu en Xuzhou, na actual provincia de Jiangsu. Parente remoto de Liu Bang, o fundador da dinastía Han, era membro do clan gobernante, a familia Liu. O seu pai tiña o rango de marqués.[2] O fillo de Liu Xiang, Liu Xin, continuou coa tradición académica do seu pai, e tamén do seu parente Liu An (o príncipe de Huainan).
Ao comezo do reinado de Han Yuandi, Liu Xiang era membro dun grupo de oficiais confucianos, entre os que se incluía Xiao Wangzhi, que intentaba limitar o poder dos clans secundarios de Shi e Xu. Acabou por perder unha loita de poder cos eunucos Hong Gong e Shi Xian. Tras un breve encarceramento, retiróuselle o seu posto de funcionario, e non recibiu ningún novo traslado durante quince anos.[2]
A sucesión do emperador Cheng ao trono supuxo un realiñamento entre diversas faccións do goberno, co que Liu Xiang logrou recuperar o seu rango. No 26 a.C., recibiu a orde de organizar a biblioteca imperial, unha enorme empresa bibliográfica que duraría máis de vinte anos. Foi axudado polo seu fillo, Liu Xin, quen remataría a tarefa tras o pasamento do pai.[3]
Liu Xiang compilou o primeiro catálogo da biblioteca imperial, Resumos (別錄, Biélù), e a primeira edición do Clásico das montañas e dos mares (山海經, Shānhǎijīng), que rematou o seu fillo.[4] Outras coleccións de historias e biografías editadas por Liu Xiang son As estratexias dos Reinos Combatentes (戰國策, Zhànguócè), os Novos prefacios (新序, Xīnxù), O xardín da elocuencia (說苑, Shuōyuàn) e as Biografías de mulleres exemplares (列女傳, Liènnǚzhuàn). Durante moito tempo foi erradamente considerado o compilador das Biografías dos inmortais (列仙傳, Lièxiānzhuàn), unha colección de haxiografías e himnos taoístas.[5]
Liu Xiang foi tamén poeta. Atribúenselle os "Nove lamentos", unha sección das Cancións de Chu (楚辭, Chǔcí).[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.