Das Rheingold
From Wikipedia, the free encyclopedia
Das Rheingold (en galego, O ouro do Rin) é unha ópera en catro cadros con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a primeira das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). A ópera foi estreada no Königliches Hof-und Nationaltheater de München o 22 de setembro de 1869 de xeito illado, antes mesmo do termo do ciclo do anel, baixo o patrocinio de Lois II de Baviera, contra a vontade de Wagner, que pretendía estrear a obra por completo no seu teatro de ópera de Bayreuth, que daquela aínda estaba en construción. Non foi ata o 13 de agosto de 1876 cando se representou por primeira vez dentro do ciclo completo. Forma parte do Canon de Bayreuth.
Estrea en Bayreuth (1876). | |
Forma | Prólogo |
---|---|
Actos e escenas | 1 acto formado por un preludio e 4 escenas |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Richard Wagner |
Fontes literarias | O poema anónimo medieval Das Nibelungenlied e a escandinava Volsunga Saga |
Estrea | 22 de setembro de 1869 |
Teatro da estrea | Königliches Hof-und Nationaltheater |
Lugar da estrea | München |
Duración | 2 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Richard Wagner |
Personaxes | |
|
Das Rheingold é desafiante para os músicos da orquestra e o director. Tendo un único acto, e con dúas horas e media de música continua, é necesario distribuír ben a enerxía ata o final. É un desafío tamén para os directores de escena pola presenza do río Rin, onde se ambienta a primeira escena, pola aparición dos xigantes Fafner e Fasolt (que deben aparentar máis de dous metros de altura) e polos efectos especiais das transformacións de Alberich co seu helmo máxico e os poderes de Donner e Froh.
Para crear a impresión correcta ao espectador, foi necesaria a creación de máquinas especiais. Wagner supervisou persoalmente a creación desas máquinas, así como tódolos outros detalles da encenificación, nunha época (segunda metade do século XIX) na que non había enerxía eléctrica.
A historia lida co tema da busca desmedida polo poder, envolvendo a renúncia ao amor e contratos inaxeitados. Das Rheingold está marcada musicalmente polo uso do leitmotiv, o uso de temas musicais para identificar elementos da obra, como personaxes ou lugares.