From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Irvin Rather Jr., nado en Wharton (Texas) o 31 de outubro de 1931, é un xornalista estadounidense, coñecido por ser o presentador das novas CBS Evening News e por ser o editor e presentador do magazine Dan Rather Reports en AXS TV.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1931 (92 anos) Wharton, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Sam Houston State University (en) Heights High School (en) South Texas College of Law (en) |
Actividade | |
Ocupación | presentador de novas , produtor de televisión , xornalista , xornalista de opinión |
Período de actividade | 1950 - |
Empregador | Associated Press |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Premios
| |
Páxina web | newsandgutsmedia.com |
|
Rather foi o presentador de CBS Evening News durante 24 anos, dende o 9 de marzo de 1981 ata o 9 de marzo de 2005. Tamén contribuíu ao programa 60 Minutes, de CBS. Viuse envolto en controversias sobre unha reportaxe de noticias en disputa sobre o servizo do presidente George W. Bush durante a guerra de Vietnam na Garda Nacional e posteriormente abandonou CBS Evening News en 2005. Deixou a emisora por completo en 2006, despois de 43 anos de carreira.[1]
Xunto con Peter Jennings en ABC News e Tom Brokaw en NBC News, Rather foi un dos "Big Three" ("tres grandes") presentadores de informativos dos anos oitenta, noventa e principios do século XXI. Os tres foron presentadores dos programas de noticias nocturnos máis importantes das súas emisoras durante máis de vinte anos, e comezaron e retiráronse con menos dun ano de diferenza.
Rather casou con Jean Goebel en 1957. Tiveron un fillo e unha filla, e viven entre Nova York e Austin, Texas.[2] A súa filla Robin é activista polo medio natural e pola comunidade en Austin.[3] O seu fillo Dan é axudante do fiscal do distrito na oficina do fiscal en Manhattan, Nova York.[4]
A Sam Houston State University renomeou o seu edificio de comunicación de masas en honra de Rather en 1994.[5] O edificio alberga The Houstonian e KSHU, estacións de radio e televisión que levan os estudantes. En maio de 2007, Rather recibiu un doutoramento de honra polo Siena College en Loudonville, Nova York, polas súas contribucións ao xornalismo.[6]
Rather recibiu numerosos premios Emmy, varios premios Peabody e varios graos de honra de universidades.[7]
Premio | Ano | Título do programa |
---|---|---|
Peabody | 1975 | CBS News |
Peabody | 1976 | 60 Minutes |
Peabody | 1994 | CBS Reports: D-Day |
Peabody | 1995 | CBS Reports: In the Killing Fields of America |
Paul White Award Radio Television Digital News Association |
1997[8] | Lifetime Achievement |
Peabody | 2000 | 48 Hours: Heroes Under Fire |
Peabody | 2001 | 60 Minutes II: Memories of a Massacre |
Peabody | 2004 | 60 Minutes II: Abuse at Abu Ghraib |
Emmy Trustees Award | 2014 | Lifetime Achievement |
Ademais deste premios, Rather foi incluído no Salón da Fama da Televisión en 2004.[9]
O 4 de outubro de 1986, mentres camiñaba por Park Avenue cara ao seu piso en Manhattan, Rather foi atacado e golpeado dende atrás por un home que quería saber "Kenneth, what is the frequency?" ("Kenneth, cal é a frecuencia?") mentres un segundo asaltante o collía e batía nel. Mentres o asaltante pateaba nel continuaba a repetir a pregunta. Describindo o incidente, Rather dixo "fun atacado. Quen entende estas cousas? Eu non e tampouco agora. Non fixen moito diso nin o fago agora. Oxalá soubese quen o fixo e por que, mais non teño idea ningunha".[10] Ata que o delito se resolveu anos despois, a descrición de Rather do estraño suceso provocou algunhas dúbidas sobre a veracidade da historia,[11] aínda que o porteiro que rescatou a Rather confirmou a súa versión.[10]
O asalto permaneceu sen solución algún tempo, e foi referido múltiples veces na cultura popular. A frase "What's the frequency, Kenneth?" converteuse nunha referencia popular, como nunha escena da novela gráfica Like a Velvet Glove Cast in Iron de Daniel Clowes. En 1994, o grupo R.E.M. estreou a canción "What's the Frequency, Kenneth?" no seu disco Monster. Rather cantou posteriormente con R.E.M. durante unha proba de son antes dunha actuación no Madison Square Garden, que se emitiu a noite seguinte en Late Show with David Letterman.[12]
En 1997, un crítico de televisión do New York Daily News resolveu o misterio, publicando unha fotografía do suposte asaltante, William Tager, que recibiu unha sentenza de entre 12½ e 25 anos de cárcere por matar o encargado da tremoia de NBC Campbell Montgomery na saída do estudio de The Today Show en 1994.[11] Rather confirmou a historia: "Non teño dúbida ningunha de que esa é a persoa".[11] O fiscal do distrito de Nova York Robert M. Morgenthau dixo que "a identidade de William Tager como o home que atacou a Mr. Rather foi establecida no curso dunha investigación da miña oficina".[13] Tager afirmou que pensaba que as redes de televisión estaban a emitir sinais no seu cerebro.[14] Cando asasinou o traballador, Tager estaba a tratar de entrar no estudio da NBC cunha arma para descubrir a frecuencia que as redes estaban a empregar para atacalo e así poder bloquealas. Tager recibiu a liberdade condicional en outubro de 2010.[15]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.